Cales son as necesidades de formación do sector agroalimentario europeo?

Agaca
Por Agaca Decembro 15, 2020 16:14

ACTIVIDADES

Xaneiro 2021

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 150 Outubro 2020

    — Editorial: 30 anos de Cooperación Galega
    — A fondo: Entrevista Manuel Gómez-Franqueira, presidente Grupo COREN
    — Caderno Técnico: A pegada de carbono é maior nas granxas de intensivo de leite?

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Solicítase esta información como parte dun proxecto de investigación sobre a necesidade de habilidades, actuais e futuras, de traballadores/as dos sectores agroalimentario e forestal. Este proxecto de investigación (FIELDS, proxecto ERASMUS+ SSA) está sendo desenvolvido por un consorcio de 30 socios de 12 países europeos.

A enquisa lanzada en todo o espazo agroalimentario europeo pretende definir a formación do futuro e, para iso, é imprescindible que agricultoras e agricultores, gandeiras e gandeiros e cooperativas, respondan. AGACA e Cooperativas Agro-alimentarias de España participan no proxecto europeo FIELDS, que ten como obxectivo analizar as necesidades actuais e futuras de formación para os traballadores do sector agroalimentario e forestal.

No proxecto FIELDS, ademais de AGACA e Cooperativas Agro-alimentarias de España, participa un consorcio de 30 organizacións de doce países europeos. Foron identificadas mediante reunións con diferentes actores da cadena agroalimentaria e forestal as principais necesidades de formación nas seguintes categorías:

– Sostibilidade
– Dixitalización
– Bio-economía
– Habilidades persoais
– Habilidades empresariais e de emprendemento

Para afondar máis en ditas necesidades, todas as persoas interesadas poden responder esta enquisa: agricultores, cooperativas, industria alimentaria , consultores, produtores forestais, industria baseada en recursos forestales, organismos gobernamentais, educadores/formadores (ensino medio, superior e profesional), estudantes e calquera outro sector que consideren interesado.

A opinión do sector é moi importante, e será utilizada para realizar actividades de educación en centros de formación profesional e universidades de diferentes países europeos, o que redundará no beneficio do sector, xa que en última instancia o obxectivo é mellorar a formación dos profesionais dos sectores agroalimentario e forestal, cara a actuais e futuras necesidades sociais e de mercado.

Responde á enquisa CUESTIONARIO NESTA LIGAZÓN

A información obtida mediante as enquisas permanecerá totalmente confidencial e só se utilizará de maneira agregada para identificar tendencias e requirimentos da Comunidade Europea e os seus estados membros.

Máis información do proxecto FIELDS na súa web: www.erasmus-fields.eu/

Calquera dúbida sobre a enquisa, por favor enviar email a billy.goodburn@icos.ie

15/12/2020

Agaca
Por Agaca Decembro 15, 2020 16:14
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

<