As cooperativas gandeiras alertan dunha situación económica extremadamente difícil

Agaca
Por Agaca Outubro 28, 2021 16:41

ACTIVIDADES

Decembro 2021

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 155 – Outubro 2021

    — Editorial: Urxe tomar medidas
    — A Fondo: O peso das adegas cooperativas
    — Caderno Técnico: Innovación: horta ecolóxica, Faba de Lourenzá e localización de explotacións

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Tras un ano con suba constante das materias primas de alimentación animal, dos custos enerxéticos e outros custos, os prezos do leite e das carnes aos profesionais da gandería seguen estancados.
  • Precisamente, os baixos prezos do leite, a carne de vacún e as carnes de aves impiden a gandeiros e gandeiras facer rendibles e sostibles as explotacións e recuperar os investimentos realizados nelas.
  • As cooperativas manifestan a solidariedade e o apoio a profesionais do sector, así como apoian ás manifestacións e concentracións de denuncia da situación que teñen convocadas as organizacións sindicais agrarias galegas.

Ganadeiros e gandeiras de Galicia e cooperativas gandeiras enfróntanse nos vindeiros meses a unha profunda crise de sostibilidade económica e a unha dura proba para evitar o abandono das explotacións e o peche da actividade. A escalada de prezos das materias primas de alimentación animal, dos carburantes, da electricidade e dos fertilizantes colocan ao sector ante unha situación extremadamente difícil que fai poñer en risco os esforzos e investimentos realizados por gandeiros e gandeiras. Estes movementos alcistas nos custos de produción parecen non ter fin a curto prazo.

As cooperativas solidarízanse e apoian a profesionais da gandería nas súas reclamacións e demandas. Consideran que as manifestacións e concentracións de protesta, convocadas polas diferentes organizacións sindicais galegas están xustificadas e obedecen a unha situación insostible do sector.

As cooperativas solicitamos das autoridades a inmediata adopción de medidas destinadas a evitar a catástrofe do sector gandeiro, xa que os prezos dos aprovisionamentos seguen medrando día tras día mentres que os prezos do leite e da carne seguen sen variar. Tamén comunican que a situación se está a converter en insostible para as cooperativas, pois os presupostos e previsións establecidos e acordados anualmente foron totalmente desbordados pola realidade diaria dos mercados, mentres os prezos do leite e das carnes seguen sen responder a estas novas condicións da realidade económica. Realidade que ameaza seriamente con chegar a parar algunha das actividades das mesmas, por prezos inalcanzables ou mesmo por falta de abastecemento de insumos.

As cooperativas non se resignan a esta situación e solicitan urxentemente que o Ministerio interveña na cadea do sector e aplique a Lei da Cadea, pois coñece os prezos das materias primas de alimentación animal, a suba dos custos enerxéticos e demais custos, coñece os prezos do leite e do vacún de carne e polo pagados a gandeiros e gandeiras, dispón do Estudo da Cadea de Valor e Formación de Prezos no Leite Líquido Envasado de Longa Duración (LELD), coñece os prezos de cesión da industria láctea e os prezos dos derivados lácteos no punto de venda da gran distribución, así como os beneficios destas. Pode, por tanto, determinar facilmente quen ten unha posición dominante de oligopolio ou abuso e intervir inmediatamente para que a cadea de valor láctea e as de carne de vacún e de aves sexan sustentables. Sen sustentabilidade económica da cadea alimentaria non é posible a sustentabilidade ambiental e social que evite o baleirado do medio rural.

Por outra banda, entendemos que é necesario seguir apoiando ao sector de vacún de carne, tal como ten feito recentemente o Goberno de Francia, e tal como se fixo coas axudas concedidas pola Covid-19 no 2020.

Para as cooperativas é fundamental recuperar o espírito do Acordo Lácteo, e usar as ferramentas políticas de intervención acordadas no mesmo, para promover unha acción no sector que apele á sustentabilidade económica na cadea de valor na defensa de gandeiros e gandeiras e cooperativas. O propósito a acadar é o fortalecemento das persoas produtoras e das cooperativas ante a anemia que padece o mercado comprimido pola gran distribución. O espírito do Acordo Lácteo e o seu pleno desenvolvemento e aplicación son a vía operativa apropiada para afrontar os problemas do sector lácteo de Galicia e España, xunto coa Lei da Cadea que debe ser útil e operativa para situacións como a que actualmente padece o sector.

28/10/2021

Agaca
Por Agaca Outubro 28, 2021 16:41
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

<