• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

AGACA reúne en Santiago mulleres referentes do cooperativismo agroalimentario galego

A xornada “Mulleres que cultivan futuro”, que se celebrará o 21 de outubro, abordará o liderado feminino, o recoñecemento do traballo das mulleres rurais e as políticas para avanzar na igualdade efectiva nas cooperativas.

30 de Setembro de 2026
en Novidades
AGACA reúne en Santiago mulleres referentes do cooperativismo agroalimentario galego
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) celebrará o vindeiro 21 de outubro en Santiago de Compostela a xornada “Mulleres que cultivan futuro. Liderado, igualdade e cooperativismo agroalimentario”, que reunirá representantes do sector cooperativo, do ámbito xurídico e das administracións públicas para analizar o papel das mulleres no medio rural e os retos que aínda quedan por afrontar en materia de igualdade.

A iniciativa enmárcase no Ano Internacional da Agricultora 2026 e terá lugar no Hotel OCA Puerta del Camino, a partir das 10:30 horas.

A xornada afondará tanto na realidade cotiá das mulleres que desenvolven a súa actividade no sector agroalimentario como na súa presenza nos órganos de decisión das cooperativas. A través dun relatorio e de dúas mesas de debate, achegaranse experiencias concretas de mulleres vinculadas a cooperativas galegas e analizaranse tamén as ferramentas e políticas públicas que poden contribuír a avanzar cara a unha participación máis equilibrada.

O relatorio maxistral correrá a cargo da presidenta da Audiencia Provincial de Lugo, Sandra Mª Piñeiro: “As mans invisibles do campo: traballo feminino rural e recoñecemento xurídico. Como o dereito ve —ou deixa de ver— o traballo das mulleres no medio rural”.

O encontro permitirá ademais coñecer as experiencias de mulleres con responsabilidades e traxectorias diferentes dentro do cooperativismo agroalimentario galego, procedentes de CLUN, Viña Costeira, AIRA e HORSAL. A última parte da mañá estará dedicada ás políticas públicas para impulsar a igualdade efectiva nas cooperativas, coa participación de representantes das administracións estatal e autonómica.

Programa da xornada

10:30 h | Recepción de participantes e café de benvida
11:00 h | Apertura da xornada
Carmen Rodríguez, presidenta da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), e Darío Arufe, director da oficina de Cajamar Caja Rural S.C.C. en Santiago de Compostela.
11:15 h | Relatorio maxistral
As mans invisibles do campo: traballo feminino rural e recoñecemento xurídico. Como o dereito ve —ou deixa de ver— o traballo das mulleres no medio rural.
Intervén Sandra Mª Piñeiro, presidenta da Audiencia Provincial de Lugo. Presenta Mª Dolores Calvo, presidenta da Asociación Nós, As Mulleres e da cooperativa Condes de Albarei.
12:30 h | Mesa de experiencias: Mulleres referentes nas cooperativas agroalimentarias galegas
Participan Silvia Ces, socia de CLUN e representante de AGACA no Grupo de Traballo Xóvenes de Cooperativas Agro-alimentarias de España; Concepción Iglesias, vicepresidenta de Viña Costeira e presidenta do Consello Regulador da DO Ribeiro; Ana Corredoira, socia de AIRA e socia promotora da cooperativa de traballo asociado As Vacas da Ulloa; e Raquel Rodríguez, vicepresidenta de HORSAL.
Modera Ana Mª Freire, vicepresidenta de AGACA e vogal no consello reitor de AIRA.
13:30 h | Mesa coloquio: Políticas públicas para impulsar a igualdade efectiva nas cooperativas agroalimentarias
Participan: Susana Pérez, secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais;  Mª Dolores Souto, Subdirectora Xeral da Xestión da PAC, Consellería do Medio Rural, y Carmen Martínez, responsable de Formación e Igualdad en Cooperativas Agro-alimentarias de España
Modera Carmen Rodríguez, presidenta de AGACA.
14:30 h | Clausura
Intervirán Carmen Rodríguez, presidenta de AGACA, e María José González, Conselleira do Medio Rural.

14:45 h | Actuación musical
Marcos Valcárcel.

A asistencia á xornada é gratuíta con inscrición previa.
Inscrición 

 

Programa financiado polo Instituto das Mulleres, do Ministerio de Igualdade, e conta coa colaboración de Grupo Cajamar.

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Sempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Xestionar opcións
  • Xestionar servizos
  • Xestionar {vendor_count} proveedores
  • Ler máis sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}