• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

AGACA estuda estratexias para reforzar a xuventude no agro, con socios europeos

19 de Xuño de 2018
en Novidades
AGACA estuda estratexias para reforzar a xuventude no agro, con socios europeos
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • O proxecto LeadFarm busca lograr un equilibrio xeracional e de xénero no sector agrario cooperativo, fortalecendo as capacidades dos/as mozos/as.
  • Promóvense a cultura e os valores cooperativos como elementos clave deste compromiso de participación.
  • Integran o proxecto, xunto a AGACA, socios franceses, irlandeses, suecos e letóns.
  • LeadFarm enmárcase no programa da Unión Europea, ERASMUS +, de apoio á educación, formación, xuventude e deporte.

20180611_leadfarm_reunion_santiago

Durante dous días, representantes das entidades socias de AGACA no proxecto europeo LeadFarm reuníronse na Compostela para poñer en común propostas e características das distintas zonas implicadas co fin de estudar os progresos e avanzar nas seguintes liñas de traballo.

Na xuntanza participaron representantes de entidades como a Organización de Cooperativas Irlandesas, Icos; a unión de cooperativas agrícolas, Coop de France; a consultora estatal participada pola Federación Letona de Agricultores, LLKC, e Changemaker AB, entidade sueca especializada na formación empresarial e de produción de xogos, xestión de proxectos e visualización.

leadfarm_estamos_enObxectivos

Os obxectivos específicos do Proxecto LeadFarm son:

Brindar capacitación innovadora a agricultores e agricultoras novos para mellorar os seus coñecementos sobre a cooperativa e as súas áreas de operación, asegurando o cambio xeracional no futuro.

Promover a cultura e os valores cooperativos para proporcionar unha mellorar comprensión da cooperativa aos mozos e mozas agricultores aumentando o seu nivel de participación e compromiso.

Fortalecer as habilidades comerciais para desenvolver a carreira na agricultura e nas granxas familiares.

Promover o equilibrio de xénero na xunta directiva da cooperativa e outros corpos cooperativos.

Medios

Para acadar esta formación crearanse contidos innovadores de capacitación compartida a través da gamificación, formación virtual para os formadores e unha plataforma TIC de código aberto para apoiar a aprendizaxe con xestión interactiva de contidos e ferramentas.

O seguinte encontro está previsto para marzo de 2019 en París, Francia. Ata entón, as reunións de traballo desenvólvense usando ferramentas online

Socios del proyecto

ICOS

A Organización de Cooperativas Irlandesas (ICOS) serve e promove negocios e empresas cooperativas comerciais a través de múltiples áreas da economía irlandesa.

A súa principal actividade é proporcionar visión, liderado e valor para o movemento cooperativo en Irlanda. Eles apoian aos seus membros no desenvolvemento do seu capital humano en todos os niveis da organización.

ICOS creouse en 1894 e representa a máis de 120 cooperativas.

Changemaker AB

Changemaker AB ten 20 anos de experiencia e habilidades na área de desenvolvemento e cambio organizacional e procesos de aprendizaxe e no desenvolvemento de servizos dixitais, xogos e visualización, tanto a nivel nacional e internacional.

Changemaker AB ten amplas habilidades en tecnoloxía e interacción e aprendizaxe en deseño e na planificación de centros de usuarios.

A entidade traballa con organizacións como a Administración sueca de Transportes, o Museo de Gotemburgo, o concello de Partille, o Vitlycke Rock Carvings Museum e o Instituto Interactivo en Suecia en proxectos semellantes.

Posúe Changemaker Educación AB, unha empresa especializada tanto na formación a medida para as empresas como na formación profesional sobre desenvolvemento web, produción de xogos, xestión de proxecto e visualización. Máis de 800 estudantes participaron nos últimos 15 anos e varias centenas de empresas forman parte da súa rede europea de traballo, principalmente no ámbito das TIC.

Servicios Coop de France

Servicios Coop de France é unha unión de cooperativas agrarias con 282 membros especializados en consultaría e formación, nas áreas de riscos industriais e profesionais, enerxía, loxística, sistemas de xestión, auditoría económica, avaliación de risco, auditoría de seguros, responsabilidade social corporativa, agricultura e agroalimentación.

Representa a 20 Federacións territoriais.

En colaboración coa rede de cooperativas en Francia, ofrece formación integral para empregados e xerentes de cooperativas agrarias a través de sesións técnicas, cursos de posgrao, círculos de intercambio e ferramentas pedagóxicas.

LLKC

Asesoramiento Rural Letón e Centro de Formación Ltd. (LLKC) é unha empresa consultora, propiedade do Estado (99%) e da Federación Letona de Agricultores (1%). Foi creada en 1991 e consta dunha oficina central no distrito de Ozolnieki e 26 sucursais en toda Letonia. LLKC emprega consultores en 102 rexións de Letonia.

LLKC é unha das consultoras de máis éxito e recoñecemento profesional en Europa Oriental e Central. A experiencia do Centro tamén é altamente valorada por outros centros de desenvolvemento rural e agrario en Europa.

A extensa cooperación e participación internacional de LLKC en numerosos proxectos confirma que é un socio valorado e respectado. LLKC ten unha ampla experiencia na implementación e coordinación de medidas de desenvolvemento, así como asesoramento agrario no país.

É a institución máis grande e importante que implementa as actividades de política do desenvolvemento rural, incluída a información e educación dos agricultores en todo o territorio de Letonia.

AGACA

AGACA é a unión de cooperativas agroalimentarias de Galicia, no noroeste de España. Representa e defende os intereses das cooperativas nas dimensións humana e profesional e presta servizos relacionados cos socios.

AGACA creouse en 1988 como entidade sen ánimo de lucro e non gobernamental. Actualmente asocia preto de 100 cooperativas, con máis de 34.000 membros. As actividades de AGACA realízanse a nivel rexional, nacional e internacional. É membro da confederación de cooperativas a nivel nacional (Cooperativas Agro-alimentarias de España) e está representada, a través da devandita confederación, no COGECA – Comisión Xeral de Cooperación Agraria da Unión Europea.

19/06/2018

Etiquetas: LeadFarm.Xuventude
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo