• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Organización
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • HEMEROTECA DE MEDIOS
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Organización
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • HEMEROTECA DE MEDIOS
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

AGACA edita unha Guía de boas prácticas en ODS para as cooperativas agroalimentarias galegas

Agaca por Agaca
17 de Xaneiro de 2023
en Novidades
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

AGACA publicou unha Guía de boas prácticas para integrar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible nas cooperativas agrarias de Galicia (pode consultarse pinchando nesta ligazón) co fin de inspirar e acompañar ás cooperativas na súa contribución a estes puntos. A iniciativa enmárcase nos traballos de Asistencia Técnica para o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e Cooperativas Agro-alimentarias de España.

O éxito da iniciativa global de referencia na contribución ao desenvolvemento sostible, a Axenda 2030 e os seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), depende de que logremos aterrar estes retos e as súas solucións no ámbito local. O sector agroalimentario é un piar estratéxico para un futuro sostible.

A consecución do ODS 2: Fame cero, depende do éxito das empresas conciliando modelos de produción e consumo responsable coa produtividade necesaria para dar resposta a un subministro seguro e saudable, asegurando o avance no ODS 8: Traballo decente e crecemento económico. O impacto e a dependencia do sector dos recursos naturais o converten nun aliado fundamental nos ODS 12: Produción e consumo responsable, 13: Acción polo clima ou 15: Vida de ecosistemas terrestres. As ramificacións das actividades agrarias abranguen os 17 ODS, e precisamente no 1: Alianzas para acadar os obxectivos, as cooperativas poden xogar un papel central.

As cooperativas agrarias afrontan os ODS dende unha posición vantaxosa

As cooperativas agrarias afrontan estes retos dende unha posición vantaxosa, pola propia natureza do modelo cooperativo e a súa longa experiencia colaborando como rede de soporte e xerando valor no territorio e na comunidade. Como empresas do sector agroalimentario, esta é tamén unha posición moi exposta tanto ás consecuencias da degradación dos recursos naturais como ás esixencias do mercado, da normativa e
da opinión pública.

Por iso, ante a cantidade de ruído arredor da sostibilidade e a urxencia de retos irresolubles sen a acción do sector agrario, coma o cambio climático ou a perda da biodiversidade, é importante atopar recursos rigorosos e áxiles que permitan orientar ás cooperativas neste camiño de contribución aos ODS.

Con este espírito desenvolveuse a «Guía de buenas prácticas para la integración de los ODS en las cooperativas agrarias de Galicia», un documento que recompila ideas clave, boas prácticas e unha batería de propostas de accións para inspirar e acompañar ás cooperativas galegas, independentemente do seu tamaño, actividade e grao na integración da sostibilidade.

A guía comeza introducindo o desenvolvemento sostible no sector agrario e o marco dos ODS. Despois, tomando como fío condutor os 17 ODS, presenta unha serie de boas prácticas reais recollidas de entrevistas con 8 cooperativas galegas e outras accións complementarias. É inspirador coñecer como empresas do territorio innovan e impulsan proxectos que transforman a contorna e a comunidade, con iniciativas que poden replicarse noutras organizacións, adaptándoas á súa realidade.

O futuro da competitividade do sector agrario está ligado á transición sostible. O tecido de cooperativas, sometidas a moitos retos e esixencias, pon no mercado produtos de alta calidade, que combinan innovación e tradición, a través dun modelo colaborativo, inclusivo e competitivo. É o momento de reinterpretar os retos como oportunidades, transformándoas en fontes de diferenciación para que as cooperativas se posicionen e se visibilicen como os axentes transformadores que son.

Etiquetas: Sostibilidade

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • AVISO LEGAL
  • POLÍTICA DE CALIDADE
  • Política de privacidade
  • PERFIL DO CONTRATANTE
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Organización
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • HEMEROTECA DE MEDIOS
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNION DE COOPERATIVAS ASOCIACION GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo