- Onte tivo lugar a xornada “Desenvolvemento do cooperativismo lácteo galego: Integración” onde se detallou a situación do sector dende as perspectivas normativa, produtiva, industrial y comercial.
- Organizou a xornada a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).
A xornada “Desenvolvemento do cooperativismo lácteo galego: integración” congregou onte en Santiago a medio centenar de profesionais do sector lácteo. En canto á situación do sector, relatorios de Carlos Ares, técnico de AGACA, e Fernando de Antonio, técnico de gandería de Cooperativas Agro-alimentarias de España, mostraron previsións de futuro marcadas pola incerteza por factores como a imposibilidade de predicir o impacto nos prezos do Brexit e da tensión comercial entre China e Estados Unidos; ademais, factores climáticos implican a curto prazo en Europa un descenso na cantidade producida, así como nos niveis de graxa e proteína e, en última instancia, na cantidade de animais da cabana.
De Antonio presentou tamén o borrador da nova normativa do paquete lácteo, que regula as relacións contractuais na cadea de produción e subministración de leite de vaca, ovella e cabra, así como as actividades a realizar polas organizacións interprofesionais.
En canto a estas organizacións, Águeda García-Agulló, directora xerente da Organización Interprofesional Láctea (INLAC) falou das aplicacións da extensión de norma do sector, entre elas campañas promocionais dos lácteos como alimento saudable, que se verán en vindeiros meses.
Higinio Mougán, director xerente de AGACA, presentou as reformas da nova Política Agraria Común (PAC), que supón maior subsidiariedade e un modelo de xestión baseado no rendemento, apoia accións e plans de fortalecemento á innovación e á transmisión e aplicación de coñecemento, ademais de reforzar medias de protección medioambiental. Porén, indicou, os novos plans estratéxicos da PAC poderían supor un risco de renacionalización desta política, o que podería afectar ao funcionamento do mercado único da UE polo que “é importante que haxa un único Plan Estratéxico da PAC por estado membro”.
Por parte da industria e as cooperativas, Iago Quintana, director xeral de Dairylac (cooperativa Aira), presentou o seu proxecto industrial. Destacou, entre as innovacións que representa, o equipo de electrodiálise para soro lácteo: “En moitas industrias, coma o chocolate ou alimentación infantil, cómpren perfís de minerais moi específicos. Nas nosas instalación podemos desmineralizar nun 90%; non hai de momento en España ningún equipo así”.
En canto a comercialización, Pedro Martos, director de Prodescon, mostrou Leite Spot, circuítos alternativos de comercialización do leite cru
Con respecto da produción, María Rey, técnica de AGACA, e Xosé Ramón Diéguez, veterinario en Delagro, presentaron a proposta de protocolo para o uso responsable de antibióticos en vacún de leite, que está a ser debatida no marco da Axencia Española do Medicamento. España é un dos países da Unión Europea onde máis se receitan medicamentos veterinarios e a nova lexislación establece a administración excepcional, e só de maneira individual, destas substancias cando o risco de enfermidade sexa moi alto.
Homenaxe
Durante a xornada, realizouse unha homenaxe a Fernando de Antonio, con motivo da súa próxima xubilación. De Antonio é técnico de sectores gandeiros en Cooperativas Agro-alimentarias de España, polo que dende AGACA e as cooperativas se lle quixo agradecer o traballo desempeñado durante anos.
RELATORIOS
Alianzas cooperativas para avanzar na integración e desenvolvemento do cooperativismo lácteo – Higino Mougán – Director-xerente de AGACA – PDF (986 Kb)
Plan Uso Responsable de antibióticos en bovino lechero – María Rey – Responsable de calidad e innovación alimentaria – AGACA – PDF (3 Mb)
Evolución venta antibióticos 2014/2018 – Delagro – PDF (746 Kb)
Perspectivas y comercio de leche y de productos lácteos – EUCOLAIT – PDF (136 Kb)
Informe de prezos do leite – Carlos Ares – Técnico de gandería e promoción cooperativa –AGACA – PDF (419 Kb)
Comercio Exterior y Consumo – Cooperativas Agro-alimentarias de España – PDF (350 Kb)
Nova Normativa do Paquete Lácteo –Depto. Ganadería – Cooperativas Agro-alimentarias de España – PDF (574 Mb)
Previsiones a corto plazo sector lácteo – DG AGRI – PDF (1,8 Mb)
Nueva Extensión de Norma de Inlac: Proyectos – Águeda Águeda García-Agulló – Directora Inlac – PDF (5 Mb)
Circuitos alternativos de comercialización de leche cruda: leche spot y canales de informacion de precios – Cooperativas Agro-alimentarias de España – PDF (467 Kb)
PROPUESTAS REFORMA PAC 2021-2027, Posición de Cooperativas Agro-alimentarias de España (CIS Madrid 12 septiembre de 2018 -Gabriel Trenzado, Director de Asuntos Internacionales y de la UE de Cooperativas Agro-alimentarias de España) + Outras propostas e Comentarios (Higinio Mougán, Director-Xerente de AGACA) — PDF (1,6 Mb)