— Certificado de profesionalidade: Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos.

Curso gratuíto para a obtención do CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE (nivel 1) en OPERACIÓNS DE GRAVACIÓN E TRATAMENTO DE DATOS E DOCUMENTOS (2023 – 2024)

 

Que é un certificado de profesionalidade? Son titulacións oficiais con validez en toda España. Saber máis.

Duración total: 458 horas (inclúe 80 horas de prácticas en empresa).

Lugares e datas previstas de impartición:

  • LUGO: Do 2 de novembro de 2023 ao 12 de abril de 2024.
    Do 29 de novembro de 2023 ao 10 de maio de 2024, en horario de 10:00 a 14:00 h., de martes a venres.

> A formación impártese en modalidade presencial, na Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias – AGACA (Rúa Deputación, nº 19, Baixo, 27004 – Lugo).

  • MELIDEDo 9 de novembro de 2023 ao 26 de marzo de 2024.
    Do 30 de novembro de 2023 ao 18 de abril de 2024, en horario de 15:00 a 20:00 h., de luns a venres.

> Combina horas de formación presencial (no Centro de Formación Clun – Rúa Codeseira, 38-40 – Melide) con horas de formación mediante Aula Virtual.

Inscricións:

  • LUGO:

A inscrición no curso debe realizarse na Oficina de Emprego Lugo-Norte; as persoas inscritas nas Oficinas de Emprego de outras localidades poden solicitar a tramitación da matrícula no curso a través da súa Oficina de Emprego. Os/as candidatos/as serán notificados/as por correo postal certificado sobre a data e lugar onde terá lugar a proba de acceso ao curso.

Teléfono Oficina de Emprego Lugo-Norte: 982828641.
PRAZO INSCRICIÓN: remata o 25 de outubro de 2023.

Para máis información pode chamar ao 981584783 (AGACA).

  • MELIDE:

PRAZO DE INSCRICIÓN: remata o 23 de outubro de 2023.

Para máis información e inscrición pode chamar ao 981584783 (AGACA).

Ocupacións / postos de traballo relacionados:

  • Operadoras/es – gravadoras/es de datos en ordenador.
  • Auxiliar de oficina.
  • Auxiliar de arquivo.
  • Operador/a documental.
  • Auxiliar de dixitalización.

Axuda económica/bolsa

Módulos certificado:

MF0973_1: Gravación de datos (90 horas)

MF0974_3: Tratamento de datos, textos e documentación (150 horas)

UF0510 Procesadores de textos e presentacións de información básico (60 h.)

UF0511 Tratamento básico de datos e follas de cálculo (50 horas)

UF0512 Transmisión de información por medios convencionais e informáticos (40 horas)

MF0971_1: Reprodución e Arquivo (120 horas)

UF0513 Xestión Auxiliar de arquivo en soporte convencional ou informático (60 horas)

UF0514 Xestión Auxiliar de reprodución en soporte convencional ou informático (60 horas)

MP0110: Módulo de prácticas non laborais de Operacións de gravación e  tratamento de datos e documentos (80 horas)

FCOO03-2010 Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero (10 horas)

FCOXXX24 Formación para a Igualdade (8 horas)

 

Consulta/descarga FICHA INFORMATIVA MELIDE

Consulta/descarga FICHA INFORMATIVA LUGO

  • Facebook
  • Twitter