- Faba de Lourenzá
—Información: A cooperativa Terras da Mariña, S. Coop. Galega atópase encravada no termo municipal de Lourenzá, pero formada por socios de toda a comarca da Mariña Lucense.
A cooperativa vólcase nunha xestión conxunta das producións de faba das explotacións dos seus socios para garantir un Referencial de Calidade Verificable que asegure unha trazabilidade e unha seguridade alimentaria aos clientes, en relación ao uso de Fitosanitarios e o Análise de Puntos Perigosos e Críticos do seu manexo e comercio.
Terras da Mariña experimenta novas técnicas de produción e innovacións nas plantacións, e busca poñer en marcha un proceso de caracterización da Faba e das súas calidades.