— Indemnizacións en materia de sanidade vexetal

Agaca
Por Agaca Xuño 17, 2021 12:10

Información de la ayuda

Activa
  • Descarga:

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución y la Resolución completa en español el enlace “Web”

ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a  concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade  Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2021. Consellería do Medio Rural. DOG  Nº 111, 14/06/2021

OBXECTO
O obxecto desta sección é o establecemento das bases reguladoras para a concesión de  indemnizacións pola adopción das medidas fitosanitarias derivadas da loita contra pragas de  corentena e outras pragas regulamentadas (código de procedemento MR465A). 

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS

  1. Poderán ser persoas beneficiarias destas indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e as  entidades sen personalidade xurídica cuxos produtos vexetais fosen afectados polas medidas  fitosanitarias adoptadas en virtude dunha declaración da presenza da praga pola autoridade  competente, orixinada polo desenvolvemento dun programa oficial de erradicación dos organismos  de corentena dos determinados na correspondente convocatoria. As empresas poderán ser  beneficiarias sempre que teñan a consideración de pequena e mediana empresa agraria, segundo o  establecido nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal para o  período 2014-2020 e no Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño. 

GASTOS OBXECTO DE INDEMNIZACIÓN

As contías das indemnizacións estableceranse nos correspondentes baremos que se publicarán en  cada convocatoria. O importe total da indemnización é dun máximo de 10.000 euros por persoa  beneficiaria. Serán obxecto de indemnización os seguintes gastos: 

  1. Destrución, desinfección, esterilización ou calquera outro tratamento aplicado oficialmente a:  
  2. a) Vexetais, produtos vexetais e outros obxectos constitutivos de lote ou lotes que fosen a orixe da  introdución do organismo nocivo na zona de que se trate, e que fosen recoñecidos como  contaminados ou que poidan ser contaminados. 
  3. b) Vexetais, produtos vexetais e outros obxectos recoñecidos como contaminados ou que poidan ser  contaminados polo organismo nocivo introducido, que fosen cultivados a partir de vexetais do lote ou  lotes de que se trate, ou por estaren situados preto de vexetais, produtos vexetais ou outros obxectos  do citado lote ou de vexetais cultivados. 
  4. c) Substratos de cultivo e terreos recoñecidos como contaminados ou que poidan ser contaminados  polo organismo nocivo de que se trate. 
  5. d) Materiais de produción, acondicionamento, embalaxe ou almacenamento; os locais de  almacenamento ou acondicionamento e os medios de transporte que estivesen en contacto cos  vexetais, produtos vexetais e con outros obxectos mencionados anteriormente ou partes deles.  
  6. As inspeccións ou probas efectuadas oficialmente, ou por mor dunha petición oficial, para os  efectos de verificar a presenza ou a importancia da contaminación por parte do organismo nocivo  introducido.

OBXECTO

O obxecto desta sección é convocar a concesión de indemnizacións para o ano 2021, no marco das  bases reguladoras establecidas na presente orde, para paliar as medidas fitosanitarias derivadas das  seguintes pragas de corentena e pragas regulamentadas, recollidas nos seguintes textos normativos: 

  1. Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca, segundo o establecido no Real  decreto 197/2017, do 3 de marzo, polo que se establece o Programa nacional de control e  erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora (Povolny). 
  2. Fusarium circinatum Niremberg et O´Donnell, segundo o establecido no Real decreto 637/2006, do  26 de maio, polo que se establece o Programa nacional de erradicación e control do fungo Fusarium  circinatum Niremberg et O´Donnell, e as súas modificacións.  
  3. ToBRFV, segundo o establecido no Regulamento de execución 2020/1191 da Comisión, do 11 de  agosto, polo que se establecen medidas para evitar a introdución e a propa gación na Unión do  virus rugoso do tomate (ToBRFV) e polo que se deroga a Decisión de execución (UE) nº 2019/1615.  
  4. Pseudomonas syringae pv. actinidiae, segundo o establecido no Regulamento de execución (UE)  nº 2020/885 da Comisión, do 26 de xuño, relativo ás medidas para impedir a introdución e a  propagación na Unión de Pseudomonas syringae pv. actinidiae Takikawa, Serizawa, Ichikawa,  Tsuyumu & Goto. 

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser persoas beneficiarias das indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e as entidades  sen personalidade xurídica que sexan titulares de: 

  1. a) Planta destinada a plantacións forestais de Pinus sp. que fose destruída como consecuencia da  detección dun foco de Fusarium circinatum Niremberg et O´Donnell.  
  2. b) Planta destinada á venda de especies sensibles que fose destruída como consecuencia da  detección dun foco de Pseudomonas syringae pv. actinidiae.  
  3. c) Semente certificada de tubérculos de pataca, destruída en aplicación das medidas de erradicación  de Tecia solanivora Povolny, existente en almacéns comercializadores situados en zonas  demarcadas e con data de adquisición anterior á data de declaración desa zona como zona  demarcada de Tecia solanivora Povolny. A entrega de tubérculos de pataca aos servizos oficiais  realizarase mediante sacos orixinais (sempre que non fosen abertos) ou nos sacos entregados por  estes servizos. Emitirase certificado da cantidade de pataca entregada e posteriormente destruída,  con base no cal se realizará o cálculo do importe da indemnización.  
  4. d) Tubérculos de pataca de consumo producidos nas zonas demarcadas durante as campañas 2020  e 2021, plantados antes da declaración de zona demarcada e destruídos en aplicación das medidas  de erradicación de Tecia solanivora Povolny. 
  5. e) Plantacións de tubérculos de pataca desenterradas e destruídas en aplicación das medidas de  erradicación de Tecia solanivora Povolny. 
  6. f) Semente destinada á sementeira de especies sensibles que fose destruída como consecuencia da  sospeita da presencia de ToBRFV.

BAREMOS DE CONTÍA COMPENSATORIA

Establécense para a convocatoria 2021 os baremos fixados no anexo II desta orde.  

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación termina o 14 de setembro de 2021.