— Ayudas a la digitalización Industria 4.0

Información de la ayuda

Derogada / Fuera de plazo
  • 01/07/2021

 

RESUMEN ELABORADO PORAgaca

Puede consultar/descargar este resumen de la Resolución y la Resolución completa en español el enlace “Web”

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do  Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas  á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2021 susceptibles de ser financiadas no marco  do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da  resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria en réxime  de concorrencia competitiva. IGAPE DOG Nº 101, 01/06/2021

OBXECTO

  1. Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade  sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para  proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou  entre dúas ou máis empresas galegas como poden ser ordes defabricación distribuída, sistemas de  facturación ou procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor. 

Os proxectos poderán ser de dúas modalidades: 

  1. a) Proxectos colectivos en que un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un  organismo intermedio colaborador) aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto: 

1º. Propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais. 

2º. Propoñen a implantación dun sistema de dixitalización, dalgún proceso ou de xestión integral,  especificamente deseñado ou desenvolvido para o seu ámbito de actividade. 

  1. b) Proxectos individuais en que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto: 

1º. Desenvolvemento dunha interface dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores. 

2º. Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio,  big data e similares) e ciberseguridade. 

3º. Implementación de sistemas encamiñados á dixitalización de procesos concretos ou de xestión  integral (ERP, CRM e similares). 

Os proxectos da modalidade a) terán preferencia sobre os da modalidade b). O Igape poderá  reclasificar os proxectos entre modalidades no caso de que a clasificación proposta pola empresa  non sexa correcta 

O gasto subvencionable mínimo dos proxectos deberá ser de 12.000 €. 

BENEFICIARIOS

  1. 1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº  651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común  en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías),  calquera que for a súa forma xurídica, e que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia  realizar o proxecto.

CONCEPTOS DE GASTOS SUBVENCIONABLES

  1. Poderanse subvencionar os seguintes tipos de gasto que cumpran os requisitos establecidos pola Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos  subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o  período 2014-2020: 
  2. a) Investimentos materiais e/ou inmateriais novos adquiridos en propiedade. Exclúese a adquisición e acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte e equipamento de oficina, agás elementos informáticos. 
  3. b) Colaboracións externas de carácter tecnolóxico ou organizativo: asistencia técnica, adaptación e parametrización de solucións, consultoría e servizos directamente relacionados coa  execución do proxecto. As colaboracións externas subvencionables non consistirán en actividades  permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa  como son os servizos rutinarios de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de  publicidade. 
  4. c) Gastos de subscrición a software como servizo estándar de mercado. Admitirase como gasto  subvencionable o período de subscrición durante a vixencia da axuda, sempre que sexa aboado polo  solicitante no período de gasto subvencionable. No caso de que o sistema de adquisición supere o  prazo de execución da axuda, o período restante descontarase do gasto subvencionable pro rata.  Para comprobar que se trata dun produto estándar de mercado, será necesario acreditar, como  mínimo, a existencia dunha páxina web pública dispoñible na internet onde se expliquen as  características do software e as condicións en que se comercializa. 

CONTÍA DA AXUDA

  1. 1. A subvención será do 50 % dos gastos subvencionables. No caso de empresas dos sectores  industriais da automoción, téxtil-moda e industria auxiliar do naval, segundo o listado de IAE  establecido no anexo V, os proxectos poderán acadar unha axuda do 70 % dos gastos  subvencionables, tanto en proxectos individuais como formando parte dun proxecto colectivo. Para  poderen superar a axuda do 50 % dos gastos subvencionables e acadar o 70 %, as pemes  correspondentes a estes sectores deberán acreditar unha caída de ingresos mínima do 25 % no ano  2020 respecto aos ingresos do 2019. Concederase unha subvención máxima de 1.800.000 € por  empresa, ou 270.000 € cando a empresa estea activa nos sectores da pesca e da acuicultura, ou  225.000 € cando a empresa estea activa na produción primaria de produtos agrícolas. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación termina o 1 de xullo de 2021.

  • Facebook
  • Twitter

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo