— Ayudas a transformación digital de pemes. Hasta 10/07/2026

Información da axuda

Activa

RESUMEN ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumen  en “Documentación” (formato PDF, en gallego) y consultar la Resolución completa en el enlace “web”.

RESOLUCIÓN de 9 de junio de 2026 por la que se da publicidad del Acuerdo del Consejo de Dirección que aprueba las bases reguladoras de las ayudas a la transformación digital de las pymes cofinanciadas por la Unión Europea en el marco del programa Galicia Feder 2021-2027 y se procede a su convocatoria para los años 2026-2027 en régimen de concurrencia competitiva (DOG Nº 107, 10/06/2026)

OBJETO

O obxecto principal destas axudas é apoiar proxectos de transformación dixital avanzada en pemes galegas. Segundo as bases reguladoras, estes proxectos deben estar orientados á implantación e posta en produción de solucións dixitais que cumpran as seguintes funcións:

  • Proporcionar soporte dixital aos procesos internos da empresa.
  • Facilitar a interconexión dixital na cadea de valor.
  • Mellorar as relacións comerciais e operativas con terceiros (clientes, provedores, etc.) a través de canles dixitais externas.
  • Permitir o intercambio automatizado de datos entre empresas

NON é obxecto da subvención

Non se admitirán proxectos que consistan exclusivamente en:

  • Estudos de viabilidade, diagnósticos ou memorias sen implantación efectiva.
  • Páxinas web ou aplicacións meramente informativas ou catálogos sen funcionalidade operativa.
  • Actuacións de márketing dixital, publicidade ou xestión de redes sociais.
  • Mantemento ordinario ou renovación de servizos preexistentes

Esta axuda está suxeita a CONCORRENCIA COMPETITIVA

Código de procedemento administrativo para dita axuda é para o programa I:   IG300C

 Formulario electrónico a través da aplicación do Igape (https://spiga-sede.igape.es)

PROYECTOS ADMITIDOS

Tipoloxías de proxectos admitidos

A convocatoria clasifica os proxectos en seis áreas principais:

  1. Canles dixitais con terceiros: Solucións B2B ou B2C para transaccións, pedidos ou atención posvenda integrada cos sistemas da empresa.
  2. Dixitalización de procesos internos: Automatización e control de procesos específicos e captación de datos.
  3. Sistemas de xestión integral (ERP): Implantación de plataformas que vertebren varias áreas funcionais da empresa.
  4. ASG (Ambiental, Social e Gobernanza): Tecnoloxía para medir e reportar indicadores de sostibilidade e impacto social.
  5. Ciberseguridade: Medidas para garantir a operación segura e a resiliencia dos activos dixitais.
  6. Mellora loxística: Solucións para o aprovisionamento, xestión de almacéns, trazabilidade e optimización do transporte.

ACCIONES SUBVENCIONABLES

Os principais tipos de gastos admitidos son:

  1. Investimentos materiais e inmateriais

Deben ser elementos novos adquiridos en propiedade e contabilizados no grupo 2 de contas. Inclúense:

  • Activos vinculados á solución: Equipos e software necesarios para a implantación do proxecto.
  • Software: Custos de implantación, parametrización, configuración, desenvolvemento a medida e migración de datos.
  • Licenzas non temporais: A compra de licenzas de carácter definitivo.
  • Sensores e sistemas de control: Equipamentos para a medición de parámetros produtivos ou ambientais (indicadores ASG) e a súa trazabilidade.
  • Equipamento TIC especializado (excepcional): Só se admite se é imprescindible e específico para o proxecto, como terminais industriais (HMI), PDAs para loxística, lectores de códigos de barras ou impresoras industriais de etiquetas. Non se admite equipamento de uso xeral como portátiles ou móbiles convencionais.
  1. Servizos de consultoría externa

Servizos de carácter tecnolóxico ou organizativo prestados por terceiros (contabilizados no grupo 6). Abranguen:

  • Análise e reenxeñaría de procesos.
  • Configuración e integración de interfaces e canles dixitais con terceiros.
  • Ciberseguridade: Diagnóstico, análise de riscos, plans de acción, probas de intrusión (pentesting) e posta en produción segura.
  • Consultoría para a medición e seguimento de indicadores ambientais, sociais e de gobernanza (ASG).
  • Informe de enxeñeiro/a: Para proxectos de máis de 30.000 € en activos inmateriais ou consultoría, o custo do informe técnico exixido (ata un máximo de 2.000 €).
  1. Licenzas temporais e servizos na nube (SaaS)

Estes conceptos (SaaS, subscricións, servizos Cloud) só son subvencionables baixo o réxime de minimis e con carácter accesorio. Non poden ser o obxecto principal do proxecto e deben estar limitados ao prazo de execución.

  1. Gastos de coordinación (Hubs de Innovación)

Nos proxectos de máis de 60.000 € coordinados por un Hub de Innovación Dixital (HID) recoñecido, o servizo de consultoría para a coordinación e definición técnica é subvencionable ata un máximo de 6.000€.

Gastos NON subvencionables

É importante destacar que non se concederán axudas para:

  • Maquinaria ou equipamentos cuxa finalidade principal sexa a produción ou transformación.
  • Inmobles, mobiliario ou medios de transporte.
  • Equipamento TIC básico: Ordenadores de sobremesa, portátiles, teléfonos intelixentes ou tabletas de uso xeral.
  • Mantemento ordinario, canons recorrentes ou gastos de formación e capacitación.
  • O imposto sobre o valor engadido (IVE)

BENEFICIARIOS

Pemes: Pequenas e medianas empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica

Autónomos: Inclúense explicitamente os empresarios autónomos

Ubicación: Deben ter un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto

REQUISITOS DE FORMALIZACIÓN

  1. Documentación do proxecto

Memoria descritiva: Un documento cun contido suficiente para avaliar o proxecto conforme os criterios de selección (calidade técnica, alcance, viabilidade etc.). Recoméndase utilizar o modelo orientado facilitado polo Igape

Tres ofertas de provedores: Cando o importe de calquera dos elementos do proxecto sexa igual ou superior a 15.000 €

As ofertas deben ser de provedores non vinculados entre si nin coa empresa solicitante e deben ser comparables en canto a prestacións

  1. Documentación administrativa e legal

Escrituras e estatutos: Só no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil, debe presentarse o documento de constitución, estatutos e a acreditación da representación

Contas anuais: Xustificante do depósito das contas do último exercicio pechado no Rexistro Mercantil, no caso de que o solicitante se opoña á consulta de oficio ou non se poidan obter por causas técnicas

  1. Requisitos para subvencións superiores a 30.000 €

Para acreditar o cumprimento dos prazos de pago a provedores (Lei de Morosidade), as empresas deben presentar:

Pemes que poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada: Unha certificación subscrita pola persoa física ou polo órgano de administración da sociedade.

Resto de empresas: Unha certificación de auditor/a de contas ou un “Informe de procedementos acordados” sobre o cumprimento dos prazos de pago.

  1. Declaracións responsables (incluídas no formulario)

O formulario electrónico inclúe declaracións que o solicitante asume ao asinar a solicitude, entre as que destacan:

A condición de peme da empresa.

Que o proxecto non comezou antes da presentación da solicitude.

O compromiso de achegar unha contribución financeira mínima do 25 % do custo do proxecto (para axudas baixo o réxime de exención por categorías).

O cumprimento do principio ambiental de “non causar un prexuízo significativo” (DNSH).

Declaración de calquera outra axuda de minimis recibida ou solicitada nos últimos tres anos.

É importante lembrar que a ausencia de memoria técnica ou que esta sexa ilexible non é emendable e dará lugar á avaliación do expediente só coa información do formulario

Todas as notificacións e trámites posteriores realizaranse exclusivamente por vía electrónica

CUANTÍA DE LAS AYUDAS

Intensidade da subvención (Artigo 6)

  • Investimentos en activos materiais e inmateriais:
    • Baixo o réxime rexional (Art. 14 RXEC): 35 % para pequenas empresas e 25 % para medianas empresas.
    • Baixo o réxime para pemes (Art. 17 RXEC): 20 % para pequenas empresas e 10 % para medianas empresas.
  • Servizos de consultoría externa: Un 50 % tanto para pequenas como para medianas empresas.
  • Licenzas temporais e servizos na nube (SaaS): Un 50 % baixo o réxime de minimis.

Limites e importes por proxecto

Os proxectos clasifícanse en tres tipos segundo o seu orzamento subvencionable, aínda que todos deben respectar un importe mínimo de 12.000 €:

  • Tipo 1: Proxectos de 12.000 € a menos de 50.000 €.
  • Tipo 2: Proxectos de entre 50.000 € e 120.000 €.
  • Tipo 3: Proxectos de máis de 120.000 €.

Gastos con contías específicas

Existen límites máximos para conceptos concretos dentro do proxecto:

  • Informe de enxeñeiro/a: Subvencionable ata un máximo de 2.000 € en proxectos de máis de 30.000 € en activos inmateriais ou consultoría.
  • Coordinación por Hubs de Innovación (HID): Ata un máximo de 6.000 € en proxectos cun importe subvencionable igual ou superior a 60.000 €.

Límites do réxime de minimis

As axudas concedidas baixo este réxime (como o SaaS ou licenzas temporais) non poden exceder os seguintes totais acumulados por empresa nun período de tres anos:

  • Réxime xeral: 300.000 €.
  • Sector de produción agrícola primaria: 50.000 €.

Finalmente, cómpre salientar que a dotación total da convocatoria é de 3.000.000 €, cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea a través do programa Galicia Feder 2021-2027

CONDICIONES GENERALES

Os proxectos presentados deben cumprir cos seguintes estándares para seren admitidos:

  • Modalidade: Só se permiten proxectos individuais presentados por unha única peme.
  • Viabilidade: Deben ser técnica, económica e financeiramente viables para a empresa solicitante.
  • Resultados: Teñen que presentar un alcance concreto e xerar resultados verificables nunha contorna real.
  • Importe mínimo: O orzamento subvencionable do proxecto non pode ser inferior a 12.000 €.
  • Non retroactividade: O proxecto non pode ter comezado antes da data de presentación da solicitude. Considérase iniciado se existe un compromiso en firme, como a sinatura de contratos ou pedidos.
  • Principio DNSH: Todas as actuacións deben respectar o principio de “non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 11 de xuño ás 9.00h   ata o 14.00h do 10 de xullo  de 2026.

  • Facebook
  • Twitter