— Axudas á produción de carne. Ata 13/02/2023

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación”(formato PDF) e a resolución completa na ligazón web. 

— RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, mediante a tramitación anticipada de gasto, das axudas temporais e excepcionais ás persoas produtoras de carne para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína ao abeiro do artigo 39 quater do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, del 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) e se convocan para o ano 2023. FOGGA (DOG Nº 9, 13/01/2023).

OBXECTO E FINALIDADE

1. Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión das axudas temporais e excepcionais do artigo 39 quater do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína ao sector produtor titular de explotacións gandeiras de carne de vacún, de carne de ovellas, de carne de cabras, de carne de aves ou de carne de coellos e convocalas para o ano 2023 (código de procedemento MR244A).

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras de carne de vacún, de carne de ovellas, de carne de cabras, de carne de aves ou de carne de coellos que cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 deste anexo I.

REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

1. As persoas produtoras, no caso da axuda dirixida ao sector produtor de carne de vacún, de carne ovino e de carne cabrún deben cumprir os seguintes requisitos:

a) Sexan titulares, na data de presentación da solicitude única correspondente ao ano 2022, de explotacións rexistradas e que consten en alta no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) co tipo de explotación «Produción e reprodución» ou tipo «Pasto».
b) No caso de ser produtores/as de ovino e cabrún: non conten con declaracións de entregas ou de vendas directas rexistradas no Sistema Unificado de Información Láctea (INFOLAC) durante o ano 2021 para a especie obxecto de axuda.
c) Fosen beneficiarios/as no ano 2021, e conten con animais determinados para percibila, dalgunha axuda asociada das previstas na sección 2ª, nas liñas c) e d) do punto 3 do artigo 63 da sección 3ª e nas seccións 5ª, 6ª, 8ª e 9ª, todas elas do capítulo II do título IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.
d) No caso de produtores/as de ovino e cabrún, contasen en 2021 cun número de femias elixibles igual ou superior a 30 ovellas e 10 cabras.
e) No caso de produtores/as dedicados/as ao engorde de tenreiros, tivesen en 2021 un número de animais elixibles igual ou superior a 3 tenreiros segundo o previsto nas seccións 3ª e 8ª do capítulo II do título IV do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro.
f) Percibisen, en relación á solicitude única de axudas da PAC do ano 2021, o pagamento para prácticas agrícolas beneficiosas para o clima ou o ambiente.
g) En caso de non cumprir o previsto no punto anterior, deberán percibir, en relación á solicitude única de axudas da PAC do ano 2021 ou a unha solicitude de pagamento dun programa de desenvolvemento rural presentada durante 2021.

IMPORTES SUBVENCIONABLES

1. A contía unitaria da axuda para as persoas produtoras de carne de vacún, carne de ovino e carne cabrún, determínase en función do tamaño da explotación utilizando para determinar cada unha destas categorías o número de animais dela.

2. Os importes subvencionables para as explotacións de carne de vacún serán os seguintes:

 

TramoTamaño da explotaciónAxuda
1Ata 3 animais220,00€
2De 4 a 10 animais740,00€
3De 11 a 19 animais1.400,00€
4De 20 a 30 animais2.200,00€
5De 31 a 44 animais3.210,00€
6De 45 a 61 animais4.420,00€

 

TramoTamaño da explotaciónAxuda
7De 62 a 82 animais5.890,00€
8De 83 a 109 animais7.750,00€
9A partir de 110 animais8.790,00€

3. Os importes subvencionables para as explotacións de carne de vacún de cebo serán os seguintes:

 

 

TramoTamaño da explotaciónAxuda
1Ata 12 animais170,00€
2De 13 a 30 animais420,00€
3De 31 a 56 animais760,00€
4De 57 a 93 animais1.220,00€
5De 94 a 146 animais1.820,00€
6De 147 a 222 animais2.590,00€
7De 223 a 330 animais3.540,00€
8De 331 a 485 animais4.650,00€
9A partir de 486 animais5.000,00€

4. Os importes subvencionables para as explotacións de carne de ovellas ou cabras serán os seguintes:

 

TramoTamaño da explotaciónAxuda
1Ata 30 animais140,00€
2De 31 a 46 animais220,00€
3De 47 a 67 animais310,00€
4De 68 a 95 animais440,00€
5De 96 a 132 animais590,00€
6De 133 a 182 animais790,00€
7De 183 a 248 animais1.040,00€
8De 249 a 336 animais1.350,00€
9A partir de 337 animais2.090,00€

5. Os importes subvencionables para as explotacións produtoras de avicultura de carne, a axuda segundo a capacidade da explotación (número de prazas) será a seguinte:

 

TramoCapacidade da explotaciónImporte da axuda
1De 251 a 10.0001.310,00€
2De 10.001 a 20.0002.200,00€
3De 20.001 a 30.0002.850,00€
4De 30.001 a 40.0003.150,00€
5De 40.001 a 50.0003.750,00€
6A partir de 50.0014.900,00€

6. Os importes subvencionables para as explotacións produtoras de carne de coellos, a axuda segundo a capacidade da explotación (número de prazas) será a seguinte:

 

TramoCapacidade da explotaciónImporte de axuda
1De 50 a 5002.500,00€
2De 501 a 1.0003.700,00€
3De máis de 1.0015.100,00€

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 13 de febreiro de 2023.

  • Facebook
  • Twitter