— Axudas uso de instalacións e equipos en común. Ata 27/10/2022

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Orden en “Documentación” (formato PDF, en galego) e a orde completa en español na ligazón web. 

— ORDE do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadasco Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022. Consellería do Medio Rural.. DOG Nº 187 (30/09/2022).

ESTAS AXUDAS TIEÑEN COMO FINALIDADE

  •  Mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestru-turación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara o mercado, así como a diversificación agrícola.
  •  Reducir as emisións dos gases efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.

CONDICIÓN DE BENEFICIARIO

Unicamente poderán acollerse a estas axudas os seguintes beneficiarios

a) Cooperativas agrarias titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explo-tacións Agrarias de Galicia.

b) Cooperativas agrarias con socios titulares de explotacións agrarias inscritos no Rexis-tro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Deberán xustificara necesidade e a viabilidade dos investimentos mediante a presenta-ción dun estudo de viabilidade.

Permanecer na actividade durante 5 anos desde o pagamento da axuda.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Gastos que teñen a consideración de gastos subvencionables:

1. Serán subvencionables as actuacións relacionadas a continuación:
a) Reforma ou construción de instalacións que supoñan unha redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade
b) A compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.
c) Os investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais enumerados, que poden comprender gastos xerais tales como honorarios dos técnicos que elaboren os proxectos de construción ou reforma, licenzas de software e outros permisos.

2. Os gastos xerais dos proxectos non poderán superar o custo subvencionable do investimento, establecéndose un máximo dun 3 % para a redacción do proxecto, dun 3 % para a dirección de obra e dun 3 % para o estudo de viabilidade ou plan empresarial.

3. Non se subvencionarán:
a) Os investimentos indicados no punto 1.a) que non dispoñan da licenza ou permiso administrativo, de ser o caso.
b) A compra de dereitos de produción agrícola, animais e plantas anuais e a súa plan-tación.c) Investimentos de simple substitución; maquinaria de segunda man.
d) Os custos de conservación e mantemento ou os derivados do funcionamento da ex-plotación.
e) Os montes baixos de ciclo curto.
f) Maquinaria ou investimentos relacionados coa transformación ou coa comercialización.
g) Maquinaria e investimentos de carácter forestal.
h) O IVE e outros impostos.
i) As licenzas e taxas administrativas.

PRAZO DENTRO DO QUE DEBEN REALIZARSE OS GASTOS SUBVENCIONABLES

desde a terminación do prazo de presentación de solicitudes ata o 30 de setembro de 2024.

IMPORTE DE SUBVENCIÓN

O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 60 % en función da aplicación dos seguintes criterios:

  •  10 % no caso dos investimentos relacionados con operacións en agricultura ecolóxica.
  •  15 % en investimentos colectivos, cando o beneficiario é unha entidade procedente de fusión de cooperativas finalizada nos últimos 5 anos.
  •  10 % para investimentos en zonas con limitacións naturais u outras limitacións específicas, recollidas no artig 32 do Regulamento (UE) 1305/2013.
  •  10 % no caso das operacións subvencionadas no marco das asociacións europeas de innovación (AEI) en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola.

Establécese un investimento mínimo subvencionable de 100.000 € e un máximo de 5.000.000 €.

CRITERIOS DE VALORACIÓN:

 

CriterioParámetrosDocumentaciónVerificación sectorialPonderación
1. Número de explotacións agrícolas asociadas
>750SolicitudeRexistro de Explotacións Agrarias de Galicia4 puntos
De 151 a 750SolicitudeRexistro de Explotacións Agrarias de Galicia3 puntos
De 31 a 150
SolicitudeRexistro de Explotacións Agrarias de Galicia2 puntos
De 6 a 30
SolicitudeRexistro de Explotacións Agrarias de Galicia1 punto
De 0 a 5
SolicitudeRexistro de Explotacións Agrarias de Galicia0 puntos
2. Investimentos na explotación agrícola titularidade da entidade asociativa
SolicitudeRexistro de Explotacións Agrarias de Galicia4 puntos
3. Atendendo ao importe neto da cifra de negocio (INCN)
0 € ≤ INCN ≤ 2.000.000 €Solicitude1 puntos
2.000.000 € < INCN ≤ 10.000.000 €Solicitude2 puntos
10.000.000 € < INCN < 25.000.000 €Solicitude3 puntos
4. Investimento localizado nunha zona de montaña tal e como se definen na medida do 13 do PDR 2014_2020
Solicitude3 puntos
5. Órgano de goberno cunha porcentaxe de mulleres igual ou superior ao 50%
Solicitude2 puntos
6. Investimentos complementarios aos procesos produtivos das explotacións
Solicitude2 puntos
7. Investimentos de aforro enerxético (>50% do investimento elixible)
Solicitude2 puntos
8. Investimentos en tecnoloxías novas e eficaces para reducir as emisións de CO2 e NH3
Solicitude2 puntos
9. Investimentos complementarios aos procesos produtivos das explotacións
Solicitude1 punto
10. Investimentos complementarios aos procesos produtivos das explotacións
Solicitude1 punto
11. Investimentos complementarios aos procesos produtivos das explotacións
SolicitudeConcesións doutras axudas1 punto

Para ser admisibles, as solicitudes deberán alcanzar unha puntuación mínima de 6 puntos.

PRAZO DE SOLICITUDES

El plazo general para la presentación de solicitudes finalizará el 27 de octubre de 2022.

  • Facebook
  • Twitter