O programa Incorporación á produción de leite de vacún e consolidación das cooperativas lácteas diríxese a persoas desempregadas con intención de incorporarse ao mercado laboral nunha explotación gandeira. Consta da impartición de dúas accións formativas en modalidade teleformación. En primeiro lugar, o curso “Incorporación á empresa agraria, orientación vacún de leite” ten unha duración de 250 horas.
Temario:
– Módulo 1.- A empresa agraria (30 horas).
– Módulo 2.- Xestión técnico-económica da empresa agraria (30 horas).
– Módulo 3.- Asociacionismo, comercialización e trazabilidade (30 horas).
– Módulo 4.- Relacións laborais e prevención de riscos laborais (30 horas).
– Módulo 5.- Sensibilización medioambiental (30 horas).
– Módulo 6.- Agrotecnolxía (30 horas).
– Módulo 7.- Produción de forraxes e alimentación do gando (40 horas).
– Módulo 8.- Produción de leite e manexo do ganado (30 horas).
En segundo lugar, o alumnado que supere os módulos satisfactoriamente pasará a un segundo curso: “Aplicación /manipulación de produtos fitosanitarios”, de 25 horas, que é de obrigatorio cumprimento. O temario vén regulado polo Real Decreto 1311/2012, de 14 de setembro.
Esta formación conta coa homologación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
A inscrición á cuarta edición do curso «Incorporación á explotación agraria, orientación vacún de leite» está aberta. Está previsto que as clases, que se imparten online, comecen en xaneiro.
Para inscribirse, é necesario cubrir este formulario. |
Estes programas forman parte do proxecto Formación para a consolidación das cooperativas agroalimentarias de Galicia, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES) como Organismo Intermedio dos fondos do Fondo Social Europeo (FSE).
Conta co cofinamento do FSE, mediante a convocatoria 2021-2023 de axudas dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mellora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial destas.
Texto pubicado o 11/10/2022 e modificado o 09/11/2022 e o 28/12/2022