- O 5 de xullo comeza o obradoiro gratuíto «Gobernanza Cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais», que tratará modos de extraet maior rendemento a estas superficies e mellorar a súa xestión.
- As persoas interesadas en asistir poden obter máis información e inscribirse nesta ligazón.
O obradoiro gratuíto de “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais “ co obxectivo de informar tanto sobre cuestións administrativas, fiscais e de xestión, como sobre oportunidades para aumentar o seu rendemento.
Divídese en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalidade, Titularidade y defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.
![]() |
A GUARDA Lugar: Comunidade de Montes de Camposancos: Subida á Igrexa, Camposancos – A Guarda. Datas e horarios: Do 5 ao 9 de xullo De 16:00 a 19:00 h. Completa este formulario para a INSCRICIÓN |
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta co financiamiento do Ministerio de Traballo e Economía Social.