— Do 5 ao 9 de xullo: Obradoiro “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais” – A Guarda

Agaca
Por Agaca Xuño 7, 2021 13:40

Información del curso

  • Imparte: AGACA e Rede Eusumo
  • Enderezo: Comunidade de Montes de Camposancos (Subida á Igrexa, Camposancos - A Guarda)
  • E-Mail: cares@agaca.coop
  • Comezo: 05/07/2021
  • Fin: 09/07/2021
  • Número de horas: 15
  • Modalidade: presencial
  • Descarga:
Inscribirse

O obradoiro gratuíto “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais” está orientado a persoas interesadas na xestión destas superficies. Será na Comunidade de Montes de Camposancos (A Guarda) entre o 5 e o 9 de xullo en horario de 16:00 a 19:00h.

Desenvolverase en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalidade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Pode descargar o programa completo Documentación 1.

  • 1ª Sesión: Luns, 5 de xullo, de 16:00h a 19:00 h.

Iniciativas innovadoras no eido rural na valorización dos ontes veciáis en man común:

— “O Dourado Verde”: a resinación de piñeierais.

— O cultivo de olivas nos montes comunais.

— A eficiencia enerxética

— Crianza e comercialización de porco celta

— O cultivo da castaña.

RELATOR: Higinio Mougán, director-xerente de AGACA.

  • 2ª Sesión: Martes, 6 de xullo, de 16:00 h. a 19:00 h.

Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes:

— Condición de comuneiro: perda e adquisición. Requisitos.

— Convocatoria e celebración de asembleas. Adopción e impugnación de acordos. Réxime de maiorías.

— Libros das comunidades: censo, actas e contas.

— Xunta Reitora e órganos de goberno. Capacidade xurídica das comunidades de montes.

— Estatutos e normas internas. Réxime electoral.

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U

  • 3ª Sesión: Mércores, 7 de xullo, de 16:00 h. a 19:00 h.

Fiscalidade das comunidades de montes:

— Bonificacións fiscais das comunidades de montes.

— Exención de IBI do monte veciñal en man común.

— Deducións na clasificación, adquisición de terreos rústicos, doazóns e permutas.

— Tributación no Imposto sobre Sociedades.

— Catastro: procedementos de alteración e regularización.

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U

  • 4ª Sesión: Xoves, 8 de xullo , de 16:00 h. a 19:00 h.

Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común:

— Procedemento de clasificación e deslindamentos dos montes veciñais. Xurados provinciais de clasificación.

— Accións xudiciais en defensa do monte veciñal: reivindicatoria, declarativa de dominio e deslinde. Conflictos con outras comunidades e con particulares.

— Actos de disposición: adquisición, cesión, permuta, expropiación, arrendamento, superficie, ocupacións e servidumes.

— Procedementos administrativos habituais das comunidades: solicitudes de cortas, aproveitamentos, subvencións, autorizacións, permisos etc.

— Plans e instrumentos de ordenación

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U

  • 5ª Sesión: Venres, 9 de xullo, de 16:00 h. a 19:00 h.

Instrumentos de ordenación ou xestión forestal. O artigo 77 da Lei 77/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar.

— Proxecto de ordenación forestal.

— Documento compartido de xestión forestal.

— Documento simple de xestión forestal.

— Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos.

— Tramitación dos instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

— Axudas, subvencións ou beneficios fiscais regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes ordenados.

— Mercado transfronteirizo de Intercambio de Carbono.

RELATOR: Enxeñeiro Técnico Forestal / Enxeñeiro de Montes.