- O 30 de maio comeza unha nova edición do obradoiro gratuíto “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”, que se celebrará online e consta de 5 sesións temáticas.
-
Para inscribirse é necesario completar este formulario ou chamar ao 981 58 47 83.
AGACA lanza o obradoiro online “Emprendemento cooperativo en el medio rural: oportunidades de negocio”. O seu obxectivo global é definir aspectos xerais e elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no medio rural, para o que se impartirán 5 sesións temáticas, en horario de mañá.
30 de maio. 10:00 – 13:00 h. – Por que emprender? A importancia da motivación por emprender: importancia social e económica do emprendedor
RELATOR: Dª. Loli Couso Costa, técnica de AGACA.
1 de xuño. 10:00 – 13:00 h. – Elaboración do plan emprendedor. Análise de viabilidade do proxecto: persoal, técnica/comercial e financeira, previsión de resultados
RELATOR: D. David Vila López, técnico de AGACA.
6 de xuño. 10:00 – 13:00 h. – Xeración e maduración das ideas para un proxecto emprendedor no medio rural. Estratexias para levar adiante as túas ideas con éxito
RELATOR: D. Higinio Mougán Bouzón, director-gerente de AGACA.
8 de xuño. 10:00 – 13:00 h. – Oportunidades de negocio para o emprendemento no medio rural: 12 exemplos
RELATOR: D. Demetrio Bedriñana Bañico, técnico de AGACA.
13 de xuño. 10:00 – 13:00 h. – A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento. A posta en marcha do proxecto. Posibles apoios e axudas públicas iniciais á posta en marcha do proxecto emprendedor
RELATOR: D. Carlos Ares Fernández, técnico de AGACA.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.