- No marco do proxecto europeo AGROSMARTglobal, liderado por AGACA, ofrécese gratuitamente un completo programa formativo sobre internacionalización mediante plataformas de comercio electrónico.
- Consta de 16 sesións a cargo de especialistas na materia, entre o 21 de febreiro e o 14 de marzo, cunha duración de hora e media por sesión.
- A inscrición realízase online.
![]() |
FEBREIRO: días 21, 22, 23, 24, 25 e 28.
MARZO: días 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9, 10, 11 e 14. Horario: 16:00 a 17:30 horas Modalidade: Online (Streaming) |
COMPLETAR AQUÍ FORMULARIO DE INSCRICIÓN |
PROGRAMA
Sesión 1: Conceptos básicos de Comercio Internacional e a súa integración coa estratexia de Ecommerce.
Sesión 2: Estrategia de Ecommerce Internacional.
Sesión 3: Proxecto AGROSMARTglobal (Aspectos importantes e consideraciones).
Sesión 4: Certificacións Estados Unidos de América (Marketplaces B2B).
Sesión 5: Marketplaces B2B – Alibaba.com I.
Sesión 6: Marketplaces B2B- Alibaba.com II.
Sesión 7: Marketplaces B2B – RangeMe.
Sesión 8: Certificacións China e Marketplaces B2B (PTW e ImportFoods).
Sesión 9: Marketplaces B2C (Amazon).
Sesión 10: Outros marketplaces do sector agroalimentario e exemplos reais.
Sesión 11: Outras Solucioóns B2C (Tendas online propias, Google Shopping e Business, e Facebook e Instagram Shops).
Sesión 12: Loxística e atención ao cliente en Ecommerce.
Sesión 13: Márketing Dixital.
Sesión 14: Ferramentas de Intelixencia Competitiva.
Sesión 15: Analítica Dixital.
Sesión 16: Aspectos Legais e Fiscais do Ecommerce.
O proxecto AGROSMARTglobal está deseñando escaparates agregados de empresas do sector agroalimentario da área SUDOE -Francia, España e Portugal- para acceder aos mercados dixitais de China e EE.UU. As plataformas B2B seleccionadas para albergar estes escaparates son: Importfood.net e Putaojiu.com para China e Rangeme.com e Alibaba.com para o mercado de Estados Unidos.
Tamén se ofrecen servizos de consultoría gratuítos para cooperativas e PEMEs en materia de internacionalización dixital.
AGROSMARTglobal é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa InterregSudoe 2014-2020 dentro do eixe prioritario de fomento da competitividade e a internacionalización das pemes do Sudoeste europeo.
As dez rexións do espazo europeo SUDOE que abarca este proxecto son: en España: Galicia, Castilla-La Mancha, País Vasco e La Rioja; en Francia: Nouvelle Aquitaine e en Portugal: Norte, Algarve, Centro, Lisboa e Alentejo.
Os socios do proxecto, cuxo horizonte temporal é 01/10/2019 – 31/03/2023, son:
- AGACA: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias. Beneficiario principal y coordinador.
- Cámara Oficial de Comercio, Industria y servicios de La Rioja.
- Cooperativas Agro-alimentarias de Castilla-La Mancha.
- KONFEKOOP: Confederación de Cooperativas Agroalimentarias de Euskadi.
- AMVOS. Consultora de Marketing Digital.
- AREPO: Association des Régions Européennes des Produits d´Origine (Francia)
- La Coopération Agricole (Francia).
- Chambre du Commerce et d’Industrie de Limoges et Haute-Vienne (Francia).
- UTAD: Universidade de Trás-os-montes e Alto Douro (Portugal).
- CONFAGRI: Confederação Nacional das Cooperativas Agrícolas (Portugal).