A Fundación Juana de Vega presentou a IX edición do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias

Agaca
Por Agaca Novembro 13, 2020 12:38

ACTIVIDADES

Xaneiro 2021

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 150 Outubro 2020

    — Editorial: 30 anos de Cooperación Galega
    — A fondo: Entrevista Manuel Gómez-Franqueira, presidente Grupo COREN
    — Caderno Técnico: A pegada de carbono é maior nas granxas de intensivo de leite?

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

O obxectivo desta iniciativa é ofrecer novas oportunidades de impulso para emprendedores e empresas nos campos da industria agroalimentaria, forestal, marisqueira e pesqueira ou outros sectores relacionados co anterior, que desenvolvan a súa actividade en Galicia.

Este ano, co obxectivo de adaptarse ás novas necesidades e demandas do sector, a Fundación Juana de Vega ampliou o programa acollendo a PEMES de maior tamaño que necesiten algunha reestruturación, e a empresas que contribúan a poñer en valor os recursos do territorio. Para darlle cabida, estructuran o programa en 2 modalidades:

  • EMPRENDEMENTO (creación de novas empresas):que ten por obxectivo axudar aos emprendedores a desenvolver as súas ideas de negocio, convertelas en proxectos de negocio e materializalas en empresas reais, innovadoras e competitivas.
  • CRECEMENTO E CONSOLIDACIÓN (desenvolvemento de empresas existentes):que ten por obxectivo axudar ás empresas existentes (autónomos, MicroPEMES e PEMES) a desenvolver e/ou consolidar os seus proxectos empresariais tratando de mellorar o seu funcionamento mediante a titorización na toma de decisións en todas as áreas do negocio.

Os emprendedores e empresas interesadas terán ata o 30 de novembro para presentar as súas propostas. A inscrición para participar no proceso de selección está dispoñible na web: programa.juanadevega.org.

Agaca
Por Agaca Novembro 13, 2020 12:38
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

<