- O 8 de outubro terá lugar unha nova xornada do ciclo Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, co título “O cultivo de árnica en Galicia: de recurso silvestre a oportunidade de diversificación agraria”.
- A inscrición é gratuíta. Para inscribirse é necesario completar este formulario.
Galicia alberga unha subespecie atlántica autóctona de Arnica montana cun quimiotipo diferenciado, máis valorado pola industria farmacéutica e cosmética polo seu menor efecto alérxeno. Trátase dun recurso hoxe explotado case en exclusiva mediante recolección silvestre, en retroceso pola mecanización agraria e coa especie catalogada en risco. Ao mesmo tempo, a demanda de laboratorios europeos non está cuberta con produción propia, o que obriga a importar desde outros países.
Investigacións do Campus Terra da USC validaron agronómicamente o cultivo de árnica en Galicia, e xa existe polo menos unha empresa galega pioneira no seu cultivo controlado e transformación. Esta xornada percorre toda a cadea de valor —recurso natural, marco normativo, cultivo, transformación, mercado, financiamento e modelo cooperativo— co obxectivo de ofrecer unha visión completa e aplicada desta oportunidade de diversificación para o sector agrario galego.
Así, busca mostrar él potencial agronómico y económico de él cultivo, explorando modelos de tránsito de lana recolección tradicional al cultivo controlado, dando voz a experiencias de cultivo comercial ya consolidadas en otras zonas de montaña de España, así como evidencia científica local sobre su viabilidad y ventajas de él quimiotipo gallego. Además, si expondrán él marco normativo de conservación aplicable a especies protegidas y líneas de financiación y apoyo institucional disponibles.
Programa
09:30 – Conexión e benvida a participantes. Presentación da xornada
Carlos Ares. Director-gerente de AGACA
09:40 – Árnica galega: singularidade, estado de conservación e resultados de ensaios de cultivo do Campus Terra
Rosa Romero. Campus Terra. Universidade de Santiago de Compostela Lugo.
10:10 – Marco normativo de conservación e aproveitamento sostible de Arnica montana en Galicia
Personal técnico. Dirección General de Patrimonio Natural. Consellería de Medio Ambiente y Cambio Climático
10:40 – Do Vall de Bohí ao bote de crema: cultivo ecolóxico e transformación propia de árnica en Taüll Orgànics
Ana Sirvent. Taüll Orgànics, Pirineo de Lleida – Cataluña
11:10 – Manexo agronómico do cultivo de árnica: propagación, chan e fases do cultivo. Experiencia comparada dunha explotación de montaña xa consolidada
Carlos Ortiz Vallejo. Ingeniero forestal Central Galaica de Plantas.
11:40 – 12:00 – Desanso
12:00 – El huerto de plantas medicinales de la Escuela Agraria de Alta Montaña de Becerreá: cultivo didáctico e investigación aplicada sobre árnica
Carlos Vázquez. Escuela de Alta Montaña de Becerreá
12:30 – Poscolleita: secado, conservación e control de calidade da flor de árnica
Marcos Bonome. Central Galaica de Plantas
13:00 – Da recolección tradicional á comercialización exportadora. Demanda de árnica seca por parte de laboratorios: volumes, prezos e canles almacenistass
Marcos Bonome. Central Galaica de Plantas
13:40 – Liñas de axuda para a diversificación de cultivos: nova PAC 2028/2032
César Iglesias. IN&FIAR
14:10 – Rolda de preguntas
Público e relatores
14:20 – Clausura da xornada
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
Os obxectivos do ciclo Xornadas Formativas sobre Oportunidades de Negocio, que explora diferentes sectores que poden supoñer oportunidades de negocio son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/o gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.
As xornadas, de acceso libre previa inscrición, están especialmente dirixidas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias, persoas vinculadas á economía social, produtoras e produtores agrarios, persoal técnico e investigador, estudantes e público en xeral.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
Esta actividade enmárcase no programa da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()



