-
- O 2 de xullo terá lugar a undécima sesión do ciclo 2026 Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, co título “Froitos secos en Galicia: do campo ao mercado”.
- A inscrición é gratuita. Para inscribirse é necesario completar este formulario.
A sesión, gratuíta, terá lugar online, pero é necesario inscribirse previamente neste formulario.
Galicia presenta condicións edafoclimáticas en progresiva adaptación ao cultivo de froitos secos, nun contexto de cambio climático e crecente demanda de produtos locais e saudables. Aínda que non existen rexistros de plantacións intensivas na contorna galega, esta xornada explora as posibilidades reais de implantación de pistacho, noz, améndoa, abelá e outras especies, analizando a cadea de valor completa: do cultivo á comercialización.
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
Os obxectivos do ciclo, que explorará diferentes sectores que poden supoñer oportunidades de negocio son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/o gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.
As xornadas, de acceso libre previa inscripción, están especialmente dirixidas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias, persoas vinculadas á economía social, produtoras e produtores agrarios, persoal técnico e investigador, estudantes e público en xeral.
Para más información pode chamar ao 981 58 47 83.
Esta actividade enmárcase no programa da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()




