Para inscribirse é necesario completar este formulario . Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
Obxectivo do curso
Definir os aspectos xerais e elementos necesarios para emprender un proxecto cooperativo no medio rural. Impartiranse cinco sesións temáticas, en horario de mañá.
Programa
Martes, 7 de maio. 9:30 h-14:30 h – Por que emprender? A importancia da motivación por emprender: importancia social e económica do emprendedor
RELATOR: Dª. Loli Couso Costa, técnica de AGACA.
Martes, 14 de maio. 9:30 h-14:30 h. Xeración e maduración das ideas para un proxecto emprendedor no medio rural. Estratexias para levar adelante as túas ideas con éxito
RELATOR: D. Higinio Mougán Bouzón, director-xerente de AGACA.
Martes, 21 de maio. 9:30 h-14:30 h. – A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento. A posta en marcha do proxecto. Posibles apoios e axudas públicas iniciais á posta en marcha do proxecto emprendedor
RELATOR: D. Carlos Ares Fernández, técnico de AGACA.
Martes, 28 de maio. 9:30 h-14:30 h. – Elaboración do plan emprendedor. Análise de viabilidade do proxecto: personal, técnica/comercial e financeira, previsión de resultados
RELATORA: Dª. Ana Vázquez Mougán, técnica de AGACA.
Martes, 4 de xuño. 9:30 h-14:30 h. – Oportunidades de negocio para o emprendemento no medio rural: 12 exemplos
RELATOR: D. Demetrio Bedriñana Bañico, técnico de AGACA.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría General de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()



