Curso gratuíto para a obtención do CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE (nivel 1) en OPERACIÓNS DE GRAVACIÓN E TRATAMENTO DE DATOS E DOCUMENTOS (2023 – 2024)
Que é un certificado de profesionalidade? Son titulacións oficiais con validez en toda España. Saber máis.
Duración total: 458 horas (inclúe 80 horas de prácticas en empresa).
Lugares e datas previstas de impartición:
- LUGO:
Do 2 de novembro de 2023 ao 12 de abril de 2024.
Do 29 de novembro de 2023 ao 10 de maio de 2024, en horario de 10:00 a 14:00 h., de martes a venres.
> A formación impártese en modalidade presencial, na Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias – AGACA (Rúa Deputación, nº 19, Baixo, 27004 – Lugo).
- MELIDE:
Do 9 de novembro de 2023 ao 26 de marzo de 2024.
Do 30 de novembro de 2023 ao 18 de abril de 2024, en horario de 15:00 a 20:00 h., de luns a venres.
> Combina horas de formación presencial (no Centro de Formación Clun – Rúa Codeseira, 38-40 – Melide) con horas de formación mediante Aula Virtual.
Inscricións:
- LUGO:
A inscrición no curso debe realizarse na Oficina de Emprego Lugo-Norte; as persoas inscritas nas Oficinas de Emprego de outras localidades poden solicitar a tramitación da matrícula no curso a través da súa Oficina de Emprego. Os/as candidatos/as serán notificados/as por correo postal certificado sobre a data e lugar onde terá lugar a proba de acceso ao curso.
Teléfono Oficina de Emprego Lugo-Norte: 982828641.
PRAZO INSCRICIÓN: remata o 25 de outubro de 2023.
Para máis información pode chamar ao 981584783 (AGACA).
- MELIDE:
PRAZO DE INSCRICIÓN: remata o 23 de outubro de 2023.
Para máis información e inscrición pode chamar ao 981584783 (AGACA).
Ocupacións / postos de traballo relacionados:
- Operadoras/es – gravadoras/es de datos en ordenador.
- Auxiliar de oficina.
- Auxiliar de arquivo.
- Operador/a documental.
- Auxiliar de dixitalización.
Axuda económica/bolsa
Módulos certificado:
MF0973_1: Gravación de datos (90 horas)
MF0974_3: Tratamento de datos, textos e documentación (150 horas)
UF0510 Procesadores de textos e presentacións de información básico (60 h.)
UF0511 Tratamento básico de datos e follas de cálculo (50 horas)
UF0512 Transmisión de información por medios convencionais e informáticos (40 horas)
MF0971_1: Reprodución e Arquivo (120 horas)
UF0513 Xestión Auxiliar de arquivo en soporte convencional ou informático (60 horas)
UF0514 Xestión Auxiliar de reprodución en soporte convencional ou informático (60 horas)
MP0110: Módulo de prácticas non laborais de Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos (80 horas)
FCOO03-2010 Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero (10 horas)
FCOXXX24 Formación para a Igualdade (8 horas)




