• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

Janusz Wojciechowski alaba a calidade dos produtos cooperativos galegos en Bruxelas con AGROSMARTglobal

Evento divulgador de AGROSMARTglobal en Bruxelas

31 de Marzo de 2023
in Novidades
Janusz Wojciechowski alaba a calidade dos produtos cooperativos galegos en Bruxelas con AGROSMARTglobal
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Onte tivo lugar en Bruxelas o V Evento Europeo de Produtos de Calidade e de Orixe, onde Janusz Wojciechowski, comisario de Agricultura da Comisión Europea, destacou a calidade dos produtos cooperativos galegos exhibidos no marco do proxecto europeo AGROSMARTglobal.
  • Degustáronse produtos cooperativos de Galicia, Portugal e Nouvelle-Aquitaine (Francia).
  • O proxecto busca apoiar a cooperativas e pemes no proceso de internacionalización dixital intelixente.

Co gallo da finalización das actividades do proxecto AGROSMARTglobal, no que AGACA participa con entidades de España, Francia e Portugal, Carmen Rodríguez (presidenta de AGACA) expuxo onte en Bruxelas os resultados, no marco do V Evento Europeo de Produtos de Calidade e de Orixe: “AGROSMARTglobal apoia a internacionalización das cooperativas agroalimentarias, aproveitando as oportunidades que nos ofrecen as TIC e a evolución do comercio internacional, e favorece o posicionamento dos produtos das cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE no mercado internacional”.

A Asociación das Rexións Europeas de produtos de Orixe (AREPO) organizou o Evento, onde se mostraron produtos dalgunhas cooperativas e pemes. Janusz Wojciechowski, comisario de Agricultura da Comisión Europea, visitou o mostrador de AGACA na exposición e manifestou a Carmen Rodríguez a boa calidade dos produtos españois, ademais de animar ás cooperativas a seguir traballando así de ben. Wojciechowski puido coñecer queixos da IXP Tetilla de Campo-Capela, viños das DO Ribeiro e Rías Baixas, de Viña Costeira e Martín Códax, Mel de Galicia de Erica Mel e doce de leite ecolóxico de Casa Baltar, ademais das características doutros produtos e cooperativas.

Por outra banda, Rodríguez mantivo unha reunión con Paulo Gouveia, asesor principal de políticas da Copa-Cogeca, entidade que representa a profesionais do sector agrogandeiro e cooperativas a nivel europeo. Gouveia explicou a creación de leis a nivel da Unión Europea e instou ás cooperativas a presentar suxestións ao inicio dos procesos lexislativos para teren capacidade de influencia. Indicou ademais que xa están traballando na PAC post 2027.

V Evento Europeo de Produtos de Calidade e de Orixe

Janusz Wojciechowski (Comisario Europeo de Agricultura e Desenvolvemento Rural) coñecendo produtos galegos

AGROSMARTglobal

AGROSMARTglobal «Espazo para a competitividade, promoción e expansión internacional intelixente das cooperativas agroalimentarias do espazo rural SUDOE» pretende paliar as desvantaxes das zonas rurais e favorecer o seu desenvolvemento e cohesión económica, apoiando ás cooperativas agroalimentarias mediante a creación e consolidación de redes e servizos de apoio á internacionalización.

Así, entre outras actividades, conta cun programa formativo para iniciarse na internacionalización, habilitou escaparates en plataformas de e-commerce (Alibaba, Putaojiuwang, RangeMe e ImportFood) e un catálogo de produtos con máis de 300 referencias e ofrece guías para a protección de Indicacións Xeográficas Protexidas e Denominacións de Orixe fronte a fraudes na Internet, todo o cal se pode atopar na web www.agrosmartglobal.eu

Os socios do proxecto, que comezou en outubro de 2019 e remata hoxe, son: AGACA, Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (beneficiaria principal e coordinadora), Cámara Oficial de Comercio, Industria y Servicios de La Rioja, Cooperativas Agroalimentarias de Castilla-La Mancha, KONFEKOOP: Confederación de Cooperativas Agroalimentarias de Euskadi, AMVOS Worldwide Digital, Association des Régions Européennes des Produits d´Origine, La Coopération Agricole Nouvelle-Aquitaine, Chambre du Commerce et d’Industrie de Limoges et de la Haute-Vienne, UTAD: Universidade de Trás-os-montes e Alto Douro   e CONFAGRI: Confederação Nacional das Cooperativas Agrícolas.

AGROSMARTglobal está cofinanciado polo Programa InterregSudoe 2014-2020 dentro do eixo prioritario de fomento da competitividade e a internacionalización das pemes do Suroeste europeo.

+ info sobre AGROSMARTglobal

 

Tags: AGROSMARTglobal.
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}