• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente aborda con enfoque práctico a sustentabilidade integral con pemes agroalimentarias

11 de Abril de 2016
en Novidades
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente aborda con enfoque práctico a sustentabilidade integral con pemes agroalimentarias
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

COMUNICADO DE PRENSA: MAGRAMA

Celebrouse a primeira Xornada de divulgación do sistema de avaliación da sustentabilidade das industrias agroalimentarias na sede do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL).

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente aborda con enfoque práctico a sustentabilidade integral con pemes agroalimentarias

  • As xornadas de divulgación da ferramenta de autoavaliación da sustentabilidade na industria agroalimentaria (e-SIAB), teñen entre os seus obxectivos contribuír ao desenvolvemento e execución de prácticas sustentables nas industrias, fundamentalmente pemes, e cooperativas sobre como mellorar a súa competitividade.
  • O fin último é mellorar as condicións ambientais, sociais e económicas das empresas e do sector no seu conxunto, fomentando a eficiencia e a creación de valor, a través dunha mellora da sustentabilidade da industria agroalimentaria nas súas tres vertentes ambiental, social e económica.

wb_e-siab_magrama_cetal_abril_2016O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente iniciou cunha primeira xornada de divulgación da ferramenta de autoavaliación da sustentabilidade na industria agroalimentaria, denominada e-SIAB, celebrada na sede do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), unha serie de sesións prácticas que se enmarcan entre as actuacións para favorecer o desenvolvemento das pemes agroalimentarias a través da información e formación.

As xornadas de divulgación son unha oportunidade para compartir coas pemes agroalimentarias de distintas zonas de España as iniciativas desenvolvidas desde o MAGRAMA para mellorar a sustentabilidade das industrias alimentarias e, en particular, e-SIAB. Programáronse tres Xornadas no primeiro semestre deste ano, no CETAL celebrada o 8 de abril, en CNTA (Navarra) na primeira semana de maio e en ADESVA (Huelva) na primeira semana de xuño.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través da Dirección Xeral da Industria Alimentaria e no marco do “Programa para a sustentabilidade integral da industria agroalimentaria” vén desenvolvendo, con enfoque coherente, distintos instrumentos e ferramentas orientadas a mellorar a sustentabilidade da industria agroalimentaria, fomentando a eficiencia e a creación de valor sempre a través dunha mellora das tres vertentes ambiental, social e económica.

Este Programa exponse en liña con outras estratexias nacionais e comunitarias, como a Estratexia Europea “Europa 2020” ou a programación de desenvolvemento rural para o período 2014-2020 e pon a disposición da industria agroalimentaria española, tres ferramentas básicas para que poidan adaptarse a un futuro que necesariamente demandará sustentabilidade:

  1. A primeira ferramenta é a páxina Web www.redsostal.es. Esta plataforma de sustentabilidade está a facer de ponte e fomentando o contacto entre empresas e entidades públicas relacionadas ou implicadas no sector da industria agroalimentaria. Desta maneira, mellórase o coñecemento das posibilidades que a sustentabilidade integral ofrece ao noso sector.
  2. O segundo instrumento, de xestión empresarial, para que cada unha das empresas poida avaliar a súa sustentabilidade integral de partida e poida mellorala dentro dun proceso de mellora continua. Denomínase e-SIAB (ferramenta de valoración da sustentabilidade). A ferramenta lanzouse en 2014, optimizouse ao longo de 2015 coa realización de probas piloto en industrias e a súa difusión potenciarase a través do desenvolvemento destas xornadas prácticas
  3. O terceiro elemento, elaborado coa participación AENOR, foi a redacción dun decálogo voluntario de sustentabilidade integral da industria alimentaria. O decálogo pretende ser o xerme dun conxunto de regras que se consideren de referencia para a actividade agroalimentaria industrial sustentable. O texto final será feito público en próximas datas.

É o segundo elemento, a ferramenta de autoavaliación da sustentabilidade na industria agroalimentaria, denominada e-SIAB, a que centrou a xornada na que participaron pemes da zona próxima ao Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL). O obxectivo é incrementar o número de empresas concienciadas en materia de sustentabilidade integral e en definitiva mellorar as condicións ambientais, sociais e económicas do sector, fomentando a eficiencia dos recursos e a creación de valor.

Esta ferramenta e-SIAB permite ás industrias e cooperativas, obter un perfil inicial mediante a valoración cualitativa da súa sustentabilidade integral (ambiental, social e económica). Así mesmo, esta xornada serviu de foro para a presentación dun novo desenvolvemento, un módulo de recomendacións.

Con este traballo, unido a outras moitas iniciativas do Ministerio, continúase apostando por un sector agroalimentario que sexa competitivo, poida gañar novos mercados e logre un maior crecemento sustentable.

Toda a información sobre o “Programa para a sustentabilidade integral da industria agroalimentaria” e as xornadas pode consultarse en:

www.magrama.gob.es/

www.redsostal.es

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.