O vindeiro venres, 21 de xullo, terá lugar a presentación dos resultados do proxecto de formación de formadores “Asociación Estratéxica para a Innovación na formación de formadores das cooperativas agro-alimentarias europeas”. Un proxecto financiado pola UE, no marco do Programa Erasmus+, no que durante tres anos AGACA traballou conxuntamente coas agrupacións europeas: Aris (Italia) Change Maker (Suecia), Icos (Irlanda), LLKC (Letonia) e Stowarzyszenie (Polonia).
O Museo do Pobo Galego acollerá esta Xornada, onde representantes das seis entidades participantes presentarán as conclusións desta iniciativa para mellorar a calidade da formación das persoas responsables de formar aos axentes do sector agroalimentario e a plataforma tecnolóxica desenvolvida para tal efecto e que servirá como complemento, de aquí en diante, nos programas formativos desenvolvidos desde as entidades implicadas.
Os distintos encontros así como as múltiples sesións de traballo celebradas serviron para recoller as mellores prácticas de cada entidade e actualizar así os diferentes contidos.
