• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Blog

Unha nova xeración que dá o paso no cooperativismo galego

Publicado en Cooperación Galega, Nº 176 - decembro 2025

Agaca por Agaca
23 de Xaneiro de 2026
en Blog
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Ana María Freire. Vicepresidenta de AGACA. 2025.Con 24 anos, Ana María Freire Fernández representa unha nova xeración de gandeiras que se incorporan ao sector con formación, criterio e vontade de continuidade. Vicepresidenta de AGACA dende o pasado xullo e vogal no consello reitor de AIRA, cooperativa da que é socia a explotación de O Castelo, en Palas de Rei, unha gandería de vacún de leite con décadas de historia ligada á súa familia: é a persoa máis nova en ambos os dous órganos de goberno.

A súa incorporación á explotación familiar foi unha decisión persoal, tomada con naturalidade.

“Na casa sempre me transmitiron que o importante era ser feliz e escoller o meu camiño, e sempre tiven claro que quería seguir vencellada á nossa explotación familiar”, explica.

Para Freire, a localización, a estrutura das fincas, os recursos dispoñibles e o modelo produtivo condicionan as decisións en cada granxa, por iso defende a necesidade adaptarse a cada realidade concreta apostando pola eficiencia, a organización do traballo e a mellora do benestar animal. A modernización, di, pasa por facer máis cómodo o día a día e por buscar rendementos sostibles no tempo.

Nun contexto onde a man de obra é un desafío, ve fundamental reorganizar tarefas, incorporar tecnoloxía cando sexa útil e contar con apoio externo cando sexa necesario: “Non se trata só de producir máis, senón mellor, e de poder conciliar”.

A súa vinculación con AIRA vén case dende os inicios da explotación, socia de Agris. Para Ana María, formar parte dunha cooperativa grande e multissectorial supón apoio, seguridade e forza colectiva. Esa percepción amplíase coa súa entrada no Consello Reitor, onde pasa a pensar no conxunto das persoas socias.

“Entrei no Consello Reitor con ganas de aprender e de poder achegar o que estea na miña man”, resume. No actual mandato, con cinco mulleres no consello de AIRA, Freire entende que a diversidade enriquece a toma de decisións. Defende consellos máis plurais en idade e traxectorias e insiste na importancia de normalizar a presenza das mulleres nos espazos de responsabilidade e nas explotacións.

No caso de AGACA, salienta o papel de Carmen Rodríguez, presidenta dende hai algo máis de catro anos, como referente próximo. Valora a súa traxectoria e capacidade para acompañar ás persoas que se incorporan por primeira vez a espazos de decisión.

Cara ao futuro, identifica como desafíos prioritarios a remuda xeracional e a necesidade de facer o campo atractivo dende o punto de vista económico e social. No ámbito cooperativo, aposta por reforzar proxectos xa existentes, aliñar servizos coas necesidades reais das persoas socias e poñer en común solucións útiles para o conxunto do sector. E, nun plano máis persoal, imaxínase liderando unha explotación sostible, viable e rendible, comprometida coa calidade e co valor engadido, como demostra o recoñecemento internacional acadado recentemente polo queixo Pambre.

A entrevista é posible grazas á actuación financiada a través do Programa de Asistencia Técnica 2025 enmarcado dentro das actuación do Convenio MAPA-Cooperativas Agro-alimentarias de España para o desenvolvemento de diversas actividades de mellora da competitividade e modernización das cooperativas agroalimentarias e a formación, igualdade e remuda xeracional en consellos reitores.

Leer revista completa:

Etiquetas: Asistencia técnica.

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.