
O obxectivo do proxecto é desenvolver e validar o aproveitamento integral do toxo como recurso estratéxico: obtención de fariña proteica para pensos, substitutiva e máis económica que materias importadas; produción de acha enerxética local de maior poder calorífico e menor custo; e implantación dun modelo sostible de xestión forestal con tecnoloxía innovadora que preveña incendios e reduza emisións.
COMO LOGRALO?
O proxecto aborda a valorización integral do toxo en Galicia e Asturias mediante unha estratexia que abarca desde a caracterización do recurso ata a súa aplicación en alimentación animal e enerxía. Nunha primeira fase realízase o inventario e caracterización básica da biomasa forestal dispoñible en Galicia e Asturias para identificar zonas de explotación do toxo e a cuantificación e caracterizadión físico-química do toxo dispoñible, considerando condicionantes técnicos como accesos, pendente ou presenza doutras especies, e selecciónanse as superficies aptas para a súa extracción segundo criterios técnicos e económicos, incluíndo análises de distancias e transporte.
Actividade 1 – Inventario e caracterización da biomasa dispoñible en Galicia e Asturias
Levarase a cabo a localización, cuantificación e caracterización física-química do toxo, presente nos montes de Galicia e Asturias. Integraranse os condicionantes técnicos existentes, como accesos, pendente, presenza doutras especies…
Actividade 2- Selección da superficie dispoñible para a extracción do toxo
Nesta fase estableceranse os criterios técnicos e económicos necesarios para a extracción da biomasa caracterizada, identificando finalmente as zonas aptas para a extracción da biomasa de toxo respecto de a/s especie/s determinadas analizadas e avaliación de distancias e transporte, para garantir a súa viabilidade.
Posteriormente deseñarase e desenvolverá un sistema mecanizado específico para a curta, recolleita e transporte do toxo, minimizando a perda de fracción fotosintética, seguido da súa validación en campo, demostración in situ e avaliación técnico-económica (rendementos, tempos, consumos e custos por tonelada). Paralelamente crearanse prototipos de secado e de separación de fraccións (leñosa e fotosintética), así como unha aplicación informática para a xestión integral do proceso.
A fracción fotosintética transformarase en fariña para ensaios nutricionais e formulación de pensos para vacún leiteiro, cuxa validación se realizará en explotacións reais. A fracción leñosa procesarase en acha para levar a cabo probas enerxéticas e analizar o seu poder calorífico e outros parámetros. Ademais, desenvolverase unha metodoloxía xenética para a rastrexabilidade de Ulex spp.
Finalmente, executarase un estudo técnico-económico, ambiental e enerxético global, avaliando eficiencia, custos, pegada de carbono e potencial de autoabastecimiento enerxético.
DURACIÓN: de maio 2026 a abril de 2026
PARTICIPANTES:
AGRUPACIÓN
- AGACA
- NOGAR
- INDUTEC INGERNIEROS S.L.
- Grupo Marioano Seoánez Calvo
- Dismedia Desarrollos TIC (CSIC)
- Aira S.Coop. Galega S.L.
- Desbroces Casal S.L.

ULEX_AE Valorización do ULEX para a obtención conxunta de fariña para alimentación animal e acha para o sector enerxético (REGAGE 25e00048487034) Proxecto de innovación de interese xeral por grupos operativos supraautonómicos da Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas (AEI-Agri), no marco do Plan Estratéxico da PAC de España (PEPAC). A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Fondos procedentes do fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (80%) e da Administración Xeral do Estado (20%). Subvención: 509.603,05 €.



