• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

ToTCOOP+iTECH desvela recursos tecnolóxicos para mellorar a formación

11 de Febreiro de 2021
en Novidades
ToTCOOP+iTECH desvela recursos tecnolóxicos para mellorar a formación
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Esta mañá tiveron lugar a presentación de resultados e unha sesión piloto de formación, nomarco do proxecto europeo ToTCOOP+iTECH, no que participa AGACA.
  • Manuais de apoio á formación, ferramentas dixitais e materiais didácticos son algúns dos froitos do proxecto.

Esta mañá celebrouse a xornada de presentación de resultados do proxecto ToTCOOP+iTECH, unha iniciativa con financiamento do programa Erasmus+ que ten por obxectivo específico o fortalecemento e a adaptación á era dixital das capacidades pedagóxicas, metodolóxicas e de procedemento das persoas encargadas da formación nas cooperativas.

Deste xeito, espérase contribuír a fortalecer os coñecementos e habilidades en temas de xestión e administración de empresas cooperativas para as persoas que integran o consello reitor das cooperativas agroalimentarias, mediante a súa participación directa no proceso formativo.

Asistiron, via telemática, unha trintena de persoas de diferentes puntos de España e Portugal, relacionadas cos eidos da formación e o cooperativismo.

Entre os resultados do proxecto atópanse:

Manual de boas prácticas en innovación educativa, que recolle suxestións sobre xeitos innovadores de ensino e boas prácticas compiladas en diferentes países europeos.

Manual infográfico de recursos tecnolóxicos innovadores: ten a función de axudar ao profesorado a atopar programas, webs e recursos dixitais máis axeitados ás súas necesidades.

Manual de ferramentas de gamificación para a avaliación do aprendizaxe. A gamificación consiste na aplicación de elementos de xogo no ámbito da aprendizaxe; no caso do proxecto, optouse por aplicar eses elementos lúdicos ao proceso de avaliación, é dicir, que o profesorado determina a adquisición de coñecementos do alumnado mediante xogos.
Para iso, ideáronse os 10 xogos -ou ferramentas de gamificación- que se recollen no manual, un por cada unha das 10 unidades didácticas que se ofrecen no proxecto, as cales compoñen un temario que inclúe dende comunicación e márketing ata xestión de riscos estratéxicos ou informes financeiros.

Se ben o temario foi desenvolvido no proxecto ToTCOOP+i, precedente de ToTCOOP+iTECH, baixo o novo proxecto creáronse 10 vídeos didácticos curtos, tamén destinados a facilitar a aprendizaxe.

Finalmente, a App My Coop é un aplicativo para teléfonos móbiles e tablets no que se poden non só seguir o temario completo das 10 unidades didácticas e os vídeos, senón tamén completar tests de coñecementos. Pode descargarse dende a Play Store (Android) e a App Store (iOS).

Todos estes recursos poden atoparse na web do proxecto: totcoopitech.eu.

Por outra banda, unha vez rematada a Presentación de resultados, comezou unha sesión piloto de formación, na que se presentaron en maior detalle os recursos traballados e, de xeito interactivo, as ferramentas contidas no Manual de Gamificación e tamén a plataforma Mi Granja.

Mi Granja é un xogo online de apoio para o persoal de formación das cooperativas, baseado nas unidades temáticas do proxecto. A plataforma está concibida coma unha competición onde o alumnado acumula puntos a medida que supera as diferentes actividades de cada curso, baixo a guía do profesorado. Inclúe un repostitorio de material didáctico e un Cuestionario que se inspira na dinámica dos concursos pregunta/resposta.

ToTCOOP+iTech

totcoopi_Tech-estamos_enToTCOOP+iTech é a continuación do proxecto ToTCOOP+i. O proxecto está co-financiado polo programa Erasmus+ da Comisión Europea. O consorcio que desenvolve o proxecto ToTCOOP+iTech está formado por 7 organizacións de 6 países: dende España participan AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e MedAtlantia, dende Irlanda e liderando o proxecto participa ICOS (Sociedad Irlandesa de Organizaciones Cooperativas), dende Letonia LLKC (Centro Letón de Asesoramiento e Formación rural), desde Polonia SNRSS (Asociación de Cooperativas Sociales), dende Italia GrifomultimediaS.n.L., e dende Suecia Changemaker AB.

 

11/02/2021

Etiquetas: Formación.Totcoop+i Tech.
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.