Terra de Trasancos e Rede Eusmo abren o cooperativismo a estudantes de Sergude

Agaca
Por Agaca Setembro 27, 2017 14:07

ACTIVIDADES

Novembro 2020

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 150 Outubro 2020

    — Editorial: 30 anos de Cooperación Galega
    — A fondo: Entrevista Manuel Gómez-Franqueira, presidente Grupo COREN
    — Caderno Técnico: A pegada de carbono é maior nas granxas de intensivo de leite?

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Alumnado do CFEA Sergude (Boqueixón) estivo esta mañá nun obradoiro sobre economía social organizado por AGACA na Fundación Terra de Trasancos (Narón).
  • A actividade forma parte da Rede Eusumo, promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a economía social e o cooperativismo como modelo de negocio de éxito.

20170927_sergude_Trasancos_eusumoUnha trintena de estudantes de Formación Profesional do centro Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude participou esta mañá nunha charla na que se expuxeron as características do cooperativismo como modelo de negocio con posibilidades de manterse con éxito no medio rural, en calquera rama produtiva ou de servizos.

Enmarcada nun obradoiro “Emprendemento e cooperativas. Modelo de éxito” da Rede Eusumo, a iniciativa dá a coñecer o cooperativismo a estudantes para que o teñan en conta como opción viable de emprendemento e futuro laboral de calidade.

Técnicos de AGACA imparten a formación, que destaca como valores positivos nas cooperativas a toma democrática de decisións, a distribución equitativa de beneficios ou a diminución de riscos asociados ao emprendemento.

Ademais, persoal de Terra de Trasancos acopañou aos estudantes nun percorrido polas súas instalacións de produción hortícola e as de servizos coma tenda agraria ou perruquería, para aprender o funcionamento diario dunha cooperativa e o que pode achegar ás persoas socias.

Rede Eusumo

A Fundación Terra de Trasancos funciona como Centro Rede Eusumo para a formación e difusión en cooperativismo. Asesoramento, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal son outras áreas de actividade que definen a rede de colaboración Eusumo, promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

 

27/09/2017

Agaca
Por Agaca Setembro 27, 2017 14:07
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

<