- A Consellería de Enconomía, Emprego e Industria potencia esta Rede de Intercooperación para a eficiencia enerxética, enmarcada no programa iCOOPERA.
- Para favorecer o contacto e o establecemento de sinerxías entre os participantes terá lugar o 5 de febreiro en Santiago de Compostela a Xornada “Eficiencia Enerxética” que contará coa participación de expertos en iniciativas innovadoras de eficiencia enerxética.
Acadar a eficiencia enerxética pode supoñer tanto un aforro en custos como unha mellora dos procesos de traballo e un xeito de protexer o medio ambiente para as cooperativas. A rede de intercooperación de eficiencia enerxética pretende a identificación de proxectos innovadores na materia de eficiencia enerxética así como realizar unha análise de iniciativas ao respecto de proxectos deste tipo, para lograr melloras no consumo enerxético nas cooperativas.
Entre as temáticas que se analizarán, a cargo de persoas expertas, atópanse as posibilidades da enerxía fotovoltaica, a través de diferentes iniciativas, e tamén o aproveitamento enerxético dos xurros. Os participantes poderán tanto aprender novas posibilidades para as súas cooperativas como achegar os seus coñecementos e experiencias, co fin de buscar oportunidades e crear sinerxías na materia.
Redes de Intercooperación iCOOPERA
As Redes de Intercooperación son conxuntos de cooperativas que traballan conxuntamente, transmitindo coñecementos, intercambiando servizos etc. para obter resultados compartidos e beneficiosos para todos os participantes. Isto permite un fortalecemento e enriquecemento do tecido cooperativo e a economía social.
Esta xornada sobre “Eficiencia Enerxética” celébrase no marco das Redes de Intercooperación do proxecto iCOOPERA (Programa de promoción do cooperativismo mediante o impulso da I+D+i e a utilización das TIC, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria).
A inscrición pode realizarse escribindo a estudos2.agaca@gmail.com ou chamando ao teléfono 981.584.911 (Sandra).
Consulte el programa completo en Documenación 1.