- Esta mañá trinta estudantes do IES Antonio Fraguas recibiron formación sobre o funcionamento dunha cooperativa nunha visita a Feiraco (Ames).
- A actividade forma parte da Rede Eusumo, promovida po a Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a economía social e o cooperativismo como modelo de negocio de éxito.
A cooperativa láctea Feiraco acolleu esta mañá a unha trintena de estudantes de cuarto de ESO do instituto Antonio Fraguas (Santiago) nunha charla sobre vantaxes de modelos económicos como o cooperativismo para comezar ou desenvolver unha carreira profesional no medio rural. Técnicos de AGACA impartiron a formación, que se enmarca nun dos talleres “Emprendemento e cooperativas. Modelo de éxito” da Rede Eusumo.
A continuación, acompañados por persoal de Feiraco, visitaron as instalacións da cooperativa, que conta cunha planta de envasado de leite, para coñecer de primeira man o día a día dunha entidade que funciona baixo o modelo da economía social. José Montes, presidente de Feiraco, falou aos estudantes sobre a entidade e sobre o papel das cooperativas no mantemento e progreso socioeconómico do medio rural.
A continuación, para coñecer o funcionamento diario dunha cooperativa, o alumnado visitou as instalacións de Feiraco, onde o responsable da planta de fabricación de pensos lles explicou como é o seu proceso produtivo.
Rede Eusumo
Feiraco funciona como un dos “Centros Rede Eusumo” para a dinamización do emprendemento cooperativo.
A Rede Eusumo é unha rede de colaboración cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor no ámbito local, comarcal e transfronteirizo prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social no territorio de actuación.