• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Blog

Recursos humanos para o agro

Agaca por Agaca
16 de Xaneiro de 2023
en Blog
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

As explotacións agrogandeiras galegas son cada vez máis grandes, os propietarios e propietarias fanse maiores e hai pouca remuda xeracional; a innovación, cada vez máis presente, esixe unha preparación. Son algúns dos factores que derivan na necesidade de contratar persoal e o que, en principio, parece unha boa nova, ofertar postos de traballo tendo en conta que a diario vemos que hai persoas que demandan emprego, pasa a converterse nun paradoxo de difícil resolución.

As cooperativas reciben mensaxes das explotacións indicando que necesitan persoal e non atopan candidaturas. A lista do paro é extensa, as organizacións sociais e páxinas de emprego contan con listados interminables de solicitudes de traballo. Onde está o escollo? As propostas de emprego nas explotacións non xeran interese. Neste punto, a desafección e baixa consideración social da profesión agrogandeira xogan en contra. O sector, os medios de comunicación, o ámbito educativo, o empresarial e as administracións deben dotar a esta profesión da dignidade e recoñecemento social que merece.

Cómpre cambiar a imaxe asumida, que foi real anos atrás, pero que perde vixencia no contexto actual: que se trata dunha profesión moi dura. É intensa, con horarios complicados, sen días festivos…, certo, pero todas as profesións presentan dificultades e hoxe é moito máis doada de levar grazas aos avances que cambiaron profundamente a realidade laboral do sector. É importante amosar esta nova realidade para non asustar posibles candidaturas que, por descoñecemento, se afastan dun traballo que pode resultar moi satisfactorio.

A profesión, hoxe, é moito máis doada de levar grazas aos avances que cambiaron profundamente a realidade laboral do sector.

As explotacións adoitan estar afastadas das cidades e dos núcleos con máis densidade de poboación. Isto leva á obriga de contar cun medio de transporte e con carné de conducir, algo que, sobre todo para persoas que proveñen doutros países buscando traballo, pode supoñer un obstáculo difícil de salvar a non ser que se teña en conta e se propicien solucións. Por outra banda, de todos é coñecido —e nós os galegos, como pobo emigrante sabémolo— que cando tes que emigrar buscando mellores condicións procuras non sentirte tan só e rodearte de familia, amigos ou persoas da mesma procedencia ou situación para sentirte máis arroupado.

Por tanto, entre os pros e contras que se teñen en conta á hora de aceptar un emprego deste tipo inflúen condicionamentos económicos (medio de transporte, investir nun permiso de conducir, alugar unha vivenda) e sociais (vivir lonxe da familia e amigos, afastar aos fillos e fillas do coñecido ou manter a vivenda lonxe, pasar moitas horas conducindo a horas intempestivas, trato e prexuízos raciais percibidos etc).

A propia evolución do sector deriva na necesidade de formación para as persoas aspirantes, pero tamén para as persoas empregadoras.

A propia evolución do sector deriva na necesidade de formación para as persoas aspirantes, pero tamén para as persoas empregadoras que, en moitas ocasións, levan toda a vida traballando na produción pero sen ter ao seu cargo empregados ou empregadas e non saben marcar límites, dar facilidades, evitar sobrecargar ou manifestar empatía pola situación persoal do traballador ou traballadora, o que leva a que a rotación do persoal sexa máis frecuente do desexado.

En conclusión, é preciso buscar solucións axeitadas. Falamos de persoas, de dereitos, de emprego, de vivenda, de eficiencia empresarial, de economía, de formación… en definitiva, de evolución.

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.