- O Grupo Operativo Proteinleg organiza o 19 de maio a charla “Como afecta a actual crise en Ucrania á gandería galega?”.
- Agaca participa na mesa redonda.
- A inscrición, gratuíta, pode realizarse cubrindo este formulario.
A charla “Como afecta a actual crise en Ucraína á gandería galega?” celebrarase online (mediante TEAMS) e de forma gratuíta el 19 de maio, no marco das actividades de divulgación do proxecto PROTEINLEG, e contará coa participación dalgunhas das principais empresas e asociacións do tecido ganadeiro galego.
A guerra en Ucraína está devastando o país e poñendo nunha situación límite ao conxunto da Unión Europea. A gandería galega non é inmune a isto: xa nunha situación delicada como consecuencia dos anos de incertidume derivados da pandemia, o inicio da guerra en Ucraína coincidiu co momento no que o sector recuperaba a normalidade, tensionando e poñendo a gandería nunha situación de extrema gravidade .
Nesta xornada falarase de como ten afectado e está afectando esta profunda crise internacional á gandería galega e á subministración de pensos. Ademais, abordaranse posibles solucións que permitan mitigar esta situación e deabatirase sobre como puede fortalecerse o sector gandeiro galego. Na mesa redonda participarán Almacenes Gamallo, o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), a Fundación Empresa Universidad Gallega (FEUGA) e as asociacións AGACA e ASOPORCEL.
PROGRAMA
10:00– 10:05h Benvida
Ángel Sanabria. FEUGA
10:05– 10:20h – Presentación Grupo Operativo PROTEINLEG
Ángel Sanabria. FEUGA
10:20– 11:00h – Mesa redonda. Como afecta a actual crise en Ucraína á gandería galega?
Erica Pazos. Almacenes Gamallo
Lucio García. Centro Tecnolóxico da Carne
Higinio Mougán. AGACA
Iván Rodríguez. ASOPORCEL
11:00 – 11:10h – Preguntas
11:10h – Fin da sesión
[button link=”https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdcgSjt4B8YOBGxDtb0G9Bg-sE8TaIjUK7VGg9HIZ8A_QNrPA/viewform” icon=”🎓” target=”_blank” color=”#218A3D textcolor=”ffffff”]INSCRIPCIÓN[/button]