- O CEIP FROEBEL, en Pontevedra, acollerá o 27 de setembro actividades lúdicas e didácticas para promover as vantaxes do consumo de produtos lácteos durante a infancia, na celebración do Día Mundial dos Lácteos na Escola.
![]() |
O Día Mundial dos Lácteos na Escola é unha iniciativa da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) que ten como obxectivo celebrar os beneficios asociados ao consumo de leite en idade escolar na saúde dos nenos e nenas. Este ano celébrase por terceira vez en España. Este ano, a iniciativa leva por título “Compartindo o auténtico” e xirará en torno á figura dos avós e avoas e o vínculo que os une cos netos e netas. Así, á xornada acudirán algún avó ou avoa para contar ao alumnado como transcorreu a súa infancia, en canto a hábitos alimentarios, xogos e múltiples vivencias. O alumnado do Centro participará tamén en xogos tradicionais. |
A Interprofesional Láctea INLAC, en representación do sector lácteo, pon en marcha as actividades.