- Preto de 40 estudantes do CEIP José María Lage (Ortigueira) participaron na actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, que aconsella sobre almorzos saudables con produtos galegos e mostra o proceso de transformación do leite.
- AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e Obra Social “la Caixa” organizan a iniciativa en centros educativos de toda Galicia.
Os 36 nenos e nenas de terceiro de primaria do CEIP José María Lage (Ortigueira) aprenderon esta mañá diferentes opcións para comezar a xornada cunha correcta achega enerxética e con alimentos saudables, naturais e procedentes maioritariamente do mercado nacional, fronte aos almorzos pouco variados ou baseados en produtos procesados industrialmente.
Entre os consellos ofrecidos pola nutricionista María Fernández, que impartiu a charla, atópase os consumo de zumes naturais como complemento pero non como substitutivo das froitas de tempada (pois a froita enteira achega máis enerxía e nutrientes que a espremida), o de produtos lácteos e, sobre todo, almorzar diariamente. A modo de exemplo, o alumnado almorzou leite enteiro, froita e pancon aceite.
Ademais, mediante un xogo en grupo aos estudantes aprenderon os pasos do proceso de transformación do leite, dende a granxa ata os fogares, e a importancia do sector no medio rural galego
Compromiso social
AGACA e Obra Social “la Caixa” poñen en marcha este programa dende 2015 para impulsar correcta alimentación dos nenos e nenas de Galicia e fomentar nos fogares hábitos alimentarios saudables, ademais de pór en valor os produtos do agro galego.