O venres en Lugo será a X Xornada Técnica de Produción de Leite de Afriga e Africor

Agaca
Por Agaca Febreiro 22, 2017 09:57

ACTIVIDADES

Xaneiro 2021

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 150 Outubro 2020

    — Editorial: 30 anos de Cooperación Galega
    — A fondo: Entrevista Manuel Gómez-Franqueira, presidente Grupo COREN
    — Caderno Técnico: A pegada de carbono é maior nas granxas de intensivo de leite?

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O vindeiro venres 24 de febreiro, na Facultade de Veterinaria de Lugo, terá lugar a 10ª Xornada Técnica de Produción de Leite organizada por REVISTA AFRIGA e AFRICOR LUGO.

20170224_XOR_poducion_leite_afriga

Centrarase na prevención, contando con expertos na materia que exporán aos asistentes os seus estudos e recomendacións que fan posible mellorar a saúde das vacas, facendo especial fincapé no aforro que supón a prevención fronte ao tratamento. Tamén contaremos cun gandeiro de Dinamarca que explicará cal é o seu modelo produtivo.

A xornada comenzará as 10:30 da mañá e prolongarase ata a tardiña. Os asistentes están convidados a un xantar.

As charlas serán:

O control de enfermidades nas ADS. Preparados para o que “veña” de Europa – Juan Carlos Castro Laxe. Veterinario de ADS

A prevención na conta da explotación  -Quim Baucells. Centro Veterinario Tona. Profesor asociado do Departamento de Patoloxía Médica da Universidade Autónoma de Barcelona

Que temos que ter en conta á hora de introducir xovencas na nosa explotación? – Susana Astiz. Investigadora titular do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA)

Un premio á saude das nosas vacas –  María Veiga. DVM, Sales Rep. Elanco

Prevención de enfermidades no periparto – Juan Cainzos. Técnico de ruminantes de Elanco

O sector leiteiro en Dinamarca. Como se produce e se comercializa o leite – Casper Pedersen. Gandeiro

Pode consultar o programa completo en “Documentación 1”.

22/02/2017

Agaca
Por Agaca Febreiro 22, 2017 09:57
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

<