• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

O programa “Almorz@ con Beizos Brancos” conclúe en Lalín tras repartir 500 almorzos en Galicia

19 de Febreiro de 2016
en Novidades
O programa “Almorz@ con Beizos Brancos” conclúe en Lalín tras repartir 500 almorzos en Galicia
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

  • Máis de sesenta estudantes do CEIP Xesús Golmar, de Lalín, participaron esta mañá na última das xornadas do programa “Almorz@ con Beizos Brancos” previstas para este curso.
  • A actividade incluíu unha charla didáctica sobre alimentación sa, exercicios lúdicos e un almorzo equilibrado con produtos naturais.
  • O vindeiro curso “Almorz@ con Beizos Brancos” volverá ás escolas en resposta á boa acollida que recibiu por parte dos Centros.

CEIP Xesús GolmarUn grupo de 68 escolares de terceiro curso de primaria do colexio lalinense Xesús Golmar participaron na última das actividades “Almorz@ con Beizos Brancos” prevista para este curso. “Almoz@ con Beizos Brancos” é un programa organizado por AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e Obra Social “la Caixa” co fin de promover unha nutrición sa entre os escolares, así como facerlles notar a riqueza dos produtos do agro galego.

Escola e fogar

O alumnado de Lalín puido intervir nunha charla coa nutricionista María Fernández, que salientou a importancia do almorzo para o desenvolvemento físico e o rendemento escolar e intelectual dos nenos e nenas.

Entre as propostas achegadas tanto pola nutricionista como polo alumnado, que participou activamente con ideas e dúbidas, destacou a aposta polos produtos naturais fronte aos procesados industrialmente, polos lácteos e polos produtos da terra e froitas de tempada (ambas as opcións máis completas que os zumes), pois os seus azucres compostos supoñen unha achega enerxética maior e tamén mellor repartida ao longo do día.

A modo de exemplo de almorzo completo e saudable, os estudantes probaron pan galego con aceite, mandarinas e leite con cacao e mel.

Complementando a información alimentaria, un xogo didáctico explicou aos participantes todos os procesos polos que pasa o leite dende que se extrae das vacas ata que chega aos seus vasos, co fin de poñer de relevancia non só o valor dos lácteos na dieta senón tamén unha mostra dos traballos e tarefas que compoñen o sector agroalimentario.

Máis de 500 almorzos
Dende o seu comezo, en decembro de 2015, “Almorz@ con Beizos Brancos” percorreu as aulas de 11 centros educativos, repartidos entre as catro provincias, e contou coa participación duns 510 escolares, maioritariamente do segundo ciclo de primaria pero tamén do terceiro e mesmo de educación secundaria.

Ante a boa acollida do programa por parte dos centros educativos, AGACA e Obra Social “la Caixa” prevén retomalo no próximo curso académico, coa intención de dar cabida a máis colexios.

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.