- O obradoiro “Apoderamento das mulleres socias de cooperativas” terá lugar os días 9, 11 e 12 de novembro e pode cursarse online.
- A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) desenvolve a actividade no marco de Rede Eusumo.
O Obradoiro arrinca con charlas acerca de novos recursos produtivos e da necesidade de organizarse socialmente, sendo a cooperativa un eixo vertebrador para iso. Ademais, explicaranse diferentes actuacións que as cooperativas agrarias exercen no ámbito social da súa contorna, incluíndo como exemplos o centro de día da Cooperativa Agraria Cocope e as actividades para socios que ofrece a cooperativa O Val.
Ademais presentaranse AMCAE (Asociación de Mujeres de Cooperativas Agro-alimentarias de España) e “NÓS, AS MULLERES”, Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias.
Intervirán Carlos Carrión, presidente de Vitivinícola Arousana. e Loli Couso, técnica de AGACA.
O día 11 a xornada leva por título “Toma de decisións: estratexia de xestión” e obradoiro finaliza o día 12 cunha xornada dedicada á “Toma de decisións no Consello Reitor, ambas as dúas a cargo de Carlos Carrión, presidente de Vitivinícola Arousana.
Entre os obxectivos do Oboradoiro atópanse o de impulsar o apoderamento e a autoestima das mulleres socias de cooperativas galegas, coa cooperativa como base da mellora.
Rede Eusumo
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.