O informe “O impacto socioeconómico dos principios e valores da Economía Social Galega”, elaborado por Abay Analistas Económicos e Sociais, constata que os beneficios totais netos (directos e indirectos) que os principios da economía social galega achegan á sociedade se cifran en 851,2 millóns de euros anuais. Deste importe, o 43% está vinculado á creación de oferta en dependencia e educación, o 24,4% ás mellores condicións de emprego e o 21% á creación de postos de traballo para colectivos con problemas de empregabilidade.
Publicado en Cooperación Galega. Nº 158. A Fondo. Páx. 6
Dos 851,2 millóns de euros, o 43% está vinculado á creación de oferta en dependencia e educación, o 24,4% ás mellores condicións de emprego e o 21% á creación de postos de traballo para colectivos con problemas de empregabilidade.
Así, desagrega este beneficio en termos de cohesión social e cohesión territorial, e aclara que «en cada un destes factores identifica os comportamentos diferenciais dun e outro modelo».
O informe demostra que a economía social (ES) ten un peso significativo no tecido empresarial galego, xa que 5 de cada 100 empresas ou entidades do sector privado pertencen a ela. Por provincias, A Coruña lidera a clasificación co 43,9% das entidades, seguida por Pontevedra, cun 35,5% adicional, alcanzando entre as dúas o 80% deste tipo de organizacións. Lugo representa o 11,2% das entidades e Ourense, o 10,7%.
As comunidades de montes son o tipo de entidade máis numeroso (preto do 40% do total), seguido das asociacións e fundacións (20,1%), das cooperativas (18,0%) e das Sociedades Agrarias de Transformación (14,6%).
As comunidades de montes son o tipo de entidade máis numeroso (preto do 40% do total), seguido das asociacións e fundacións (20,1%), das cooperativas (18,0%) e das Sociedades Agrarias de Transformación (14,6%). Con todo, en termos de emprego, as asociacións e fundacións aglutinarían máis dun terzo do total (35,5%), seguidas das cooperativas (20,2%) e das confrarías de pescadores (17,5%).
En ámbitos de actuación, a ES galega ten unha forte especialización en Servizos sociais: o peso relativo deste sector na economía social é 12 veces superior ao que ten na economía mercantil. E, aínda que en menor medida, a súa implantación tamén é importante en sectores como Cultura e Lecer (6,5 veces superior), Educación (5 veces superior) e Sanidade (2 veces superior).
As empresas de ES contribúen positivamente coa sociedade grazas aos seus efectos sobre a cohesión social, a cohesión territorial e a creación de emprego inclusivo.
O estudo profunda tamén no feito de que as empresas ou entidades de economía social galega se comportan de forma diferente ás mercantís, traducíndose nunha «contribución moi positiva para o conxunto da sociedade grazas aos seus efectos sobre a cohesión social, a cohesión territorial e a creación de emprego inclusivo».
Cohesión social
Os efectos sobre a cohesión céntranse en catro áreas: ocupación de colectivos con dificultades de acceso ao emprego, calidade no emprego (estabilidade e outras condicións de traballo), igualdade de oportunidades e oferta de servizos sociais e servizos de educación.
Cohesión territorial
Os potenciais efectos sobre a cohesión territorial agrúpanse en tres grandes áreas: os relacio- nados coa creación de actividade económica e emprego en cidades intermedias e zonas rurais, os relacionados coa competitividade da economía rural e os efectos asociados co mantemento da poboación rural.
A ES de mercado sitúase maioritariamente en concellos menores de 40.000 habitantes, cate- gorizados no ámbito deste estudo como cidades intermedias e zonas rurais: o 66,1% das súas empresas ten o seu domicilio social nun concello desta categoría e o 68,3% dos seus traballadores/ as reside nun deles. O efecto máis inmediato é a creación de actividade económica e emprego. Atendendo os resultados da mostra, o 5,1% das empresas e entidades rurais son de ES e o 3,6% do emprego rural pertence á ES.
Emprego
Constátase que este tipo de empresas son máis favorables a contratar a colectivos con dificultades de acceso ao emprego: persoas con discapaci- dade (o 17,4% das persoas con discapacidade que están ocupadas en cidades intermedias e zonas rurais traballa nunha empresa ou entidade da ES); traballadores de maior idade (o 2,7% dos traballadores ocupados maiores de 55 anos está empregado nunha empresa ou entidade da ES) e traballadores vulnerables no emprego (o 3,7% deste tipo de traballadores en cidades interme- dias e zonas rurais está ocupado nunha empresa ou entidade da ES).
Tamén se detecta unha menor porcentaxe de profesionais con xornada parcial (a 26,7% fronte ao 35,5% nas empresas mercantís).
Emprendemento
O emprendemento na economía mercantil sitúase case por igual en cidades intermedias e zonas rurais (53,4%) e nas grandes cidades (46,6%), mentres que, no caso da ES, concéntrase en maior medida nas zonas rurais e cidades inter- medias. Se se consideran só as empresas (con personalidade xurídica) máis novas (menos de cinco anos), no caso da ES, un 59,6% situouse en cidades intermedias e zonas rurais, e o 40,4%, en grandes cidades. No caso da ES de mercado, este nesgo cara á localización das novas empresas no mundo rural é aínda maior (a 67,4% fronte ao 53,4% da economía mercantil).
Sectores
Por sectores, apreciamos que as empresas de ES establecidas nas zonas rurais e cidades intermedias dedícanse, en primeiro lugar, á agricultura (un 16,2%), seguido da educación e servizos culturais e recreativos (ambos os dous cun 13,7%). Táboa 1.
Por sectores, as empresas de ES establecidas nas zonas rurais e cidades intermedias dedícanse principalmente á agricultura (un 16,2%) e á educación e servizos culturais e recreativos (cun 13,7%).
ECONOMÍA SOCIAL (ES) | ECONOMÍA MERCANTIL | |
Agricultura | 16,2% | 3,8% |
Educación | 13,7% | 1,9% |
Servizos Culturais e recreativos | 13,7% | 1,3% |
Servizos Sociais | 12,7% | 1,9% |
Industrias Manufactureiras | 12,7% | 22,8% |
Comercio e servizos persoais | 11,3% | 24,9% |
Servizos ás empresas | 6,9% | 8,4% |
Construción | 3,4% | 15,4% |
Transporte e correos | 3,4% | 7,2% |
Outros servizos | 2,5% | 0,2% |
Telecomunicacións e sociedade da información | 1,5% | 1,1% |
Hostalaría e restauración | 1% | 8,6% |
Enerxía, auga e xestión de residuos | 0,5% | 1% |
Actividades sanitarias | 0,5% | 1,6% |
Táboa 1. Estrutura sectorial das empresas e entidades da economía social e da economía mercantil en cidades intermedias e zonas rurais en Galicia. Ano 2018. Porcentaxe sobre o total de empresas de cada grupo. Fonte: Estudo sobre o impacto social da economía social en Galicia. Páx. 42.
Intervencións do presidente de ForoEsGal e da conselleira de Emprego e Igualdade
Na clausura da presentación, o presidente do Foro pola Economía Social Galega, Celso Gándara, avanzou a continuidade do estudo e insistiu nos valores diferenciais do modelo económico que representan desde o Foro. Gándara deu paso á conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, que pechou o acto cunha interven- ción na que anunciou que a Xunta implantará este ano novos programas cos que definirá un selo para a economía social, apoiará a conso- lidación destas empresas e garantirá a substitu- ción xeracional de negocios en crises a través do cooperativismo.
Lorenzana tamén destacou o importante labor realizado polo Foro dende a súa creación e puxo en valor a alianza que mantén coa Xunta de Galicia.
Que pasaría se empresas de economía social perdesen os seus principios?
No momento de presentar o Informe, as súas autoras sorprenderon cun pouco usual exercicio ao presentar un escenario hipotético no que as empresas de economía social “perdesen os seus principios” e pasasen a comportarse como mercantís en aspectos como contratación, especialización ou localización.
Segundo esta hipótese, máis de 6.000 persoas traballadoras pertencentes a algún colectivo con dificultades de acceso á ocupación perderían o seu emprego. Deles, 4.578 serían traba- lladores con discapacidade, case 350 traballadores en risco de exclusión social e 796 maiores de 55 anos, 328 mulleres maiores de 45 anos e 631 traballadores de baixa cualificación.
Por outra banda, preto de 5.000 profesionais que gozaron de períodos continuos de emprego na economía social pasarían a ter unha ou máis experiencias de desemprego; case 40.000 verían reducidos os seus ingresos salariais; máis de 20.000 verían incrementarse a súa brecha salarial; máis de 100 non se acollerían a excedencias para o coidado de ascendentes ou descendentes e perderíanse máis de 2.700 empregos nas zonas rurais.