• Quejas y sugerencias.
  • Localización y Contacto
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Multimedia
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
  • Gallego
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Multimedia
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
  • Gallego
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Blog

O impacto da economía social en Galicia acércase aos 900 millóns de euros

O informe "O impacto socioeconómico dos principios e valores da Economía Social Galega"constata que  os beneficios totais netos  (directos e indirectos) que  os principios da economía social  galega achegan á  sociedade se cifran  en 851,2 millóns  de  euros  anuais.

Agaca por Agaca
28 de junio de 2022
en Blog
6
compartido
111
leído
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

O informe “O impacto socioeconómico dos principios e valores da Economía Social Galega”, elaborado por  Abay  Analistas  Económicos  e Sociais, constata que  os beneficios totais netos  (directos e indirectos) que  os principios da economía social  galega achegan á  sociedade se cifran  en 851,2 millóns  de  euros  anuais. Deste importe, o  43% está  vinculado á  creación de oferta  en dependencia e educación, o 24,4% ás mellores  condicións de emprego e o 21% á creación  de  postos  de  traballo para colectivos con problemas de empregabilidade.

Publicado en Cooperación Galega. Nº 158. A Fondo. Páx. 6

 

Dos 851,2 millóns de euros, o 43% está vinculado á creación de oferta  en dependencia e educación, o 24,4% ás mellores condicións de emprego e o 21% á creación de postos de traballo para colectivos con  problemas de empregabilidade.

Así, desagrega este beneficio en termos de cohesión social  e cohesión territorial, e aclara que «en cada un  destes  factores identifica os comportamentos diferenciais dun  e outro  modelo».

O informe demostra que  a economía social  (ES) ten  un  peso  significativo no  tecido empresarial galego, xa  que  5  de  cada 100  empresas ou entidades do  sector   privado pertencen  a  ela. Por provincias, A Coruña lidera  a clasificación co 43,9%  das  entidades, seguida  por   Pontevedra, cun  35,5% adicional, alcanzando entre as dúas  o 80% deste tipo de organizacións. Lugo representa o 11,2% das entidades e Ourense, o 10,7%.

As comunidades de montes son o tipo de entidade máis numeroso (preto do 40% do total), seguido das asociacións e fundacións (20,1%), das cooperativas (18,0%) e das Sociedades Agrarias  de Transformación (14,6%).

As comunidades de  montes son  o tipo  de  entidade máis  numeroso (preto  do  40% do  total), seguido das  asociacións e  fundacións  (20,1%), das cooperativas (18,0%) e das Sociedades Agrarias  de Transformación (14,6%). Con todo, en termos de emprego, as asociacións e fundacións aglutinarían máis dun  terzo do total  (35,5%), seguidas das cooperativas (20,2%) e das confrarías de pescadores (17,5%).

En ámbitos de  actuación, a ES galega ten unha forte  especialización en  Servizos sociais:  o  peso relativo   deste  sector   na  economía social   é  12 veces superior ao que ten na economía mercantil. E, aínda que  en  menor medida, a  súa  implantación tamén é importante en sectores  como Cultura e Lecer  (6,5  veces  superior), Educación (5 veces superior) e Sanidade (2 veces superior).

As empresas de ES contribúen positivamente coa sociedade grazas aos seus efectos sobre a cohesión social, a cohesión territorial  e a creación de emprego inclusivo.

O estudo profunda tamén no feito  de  que  as empresas  ou   entidades  de   economía  social galega se comportan de forma  diferente ás mercantís, traducíndose nunha «contribución moi positiva   para o  conxunto da  sociedade grazas aos seus efectos sobre a cohesión social, a cohesión territorial  e a creación de emprego inclusivo».

Cohesión  social

Os efectos sobre  a cohesión céntranse en catro áreas:  ocupación de  colectivos con  dificultades de  acceso ao  emprego, calidade no  emprego (estabilidade e outras  condicións de traballo), igualdade de oportunidades e oferta  de servizos sociais e servizos de educación.

Cohesión  territorial

Os potenciais efectos sobre  a cohesión territorial agrúpanse  en   tres  grandes  áreas:   os  relacio- nados coa creación de actividade económica e emprego en cidades intermedias e zonas rurais, os relacionados coa competitividade da  economía rural e os efectos asociados co  mantemento da poboación rural.

A ES de mercado sitúase maioritariamente en concellos menores de  40.000 habitantes, cate- gorizados no ámbito deste estudo como cidades intermedias e zonas rurais: o 66,1% das súas empresas ten o seu domicilio social  nun concello desta categoría e o 68,3% dos seus traballadores/ as reside nun  deles. O efecto máis inmediato é a creación de  actividade económica e emprego. Atendendo os resultados da  mostra,  o 5,1% das empresas e entidades rurais son de ES e o 3,6% do emprego rural pertence á ES.

Emprego

Constátase que  este tipo  de  empresas son máis favorables a contratar a colectivos con dificultades de acceso ao  emprego: persoas  con  discapaci- dade (o  17,4% das  persoas  con  discapacidade que  están  ocupadas en  cidades intermedias e zonas rurais traballa nunha empresa ou entidade da  ES); traballadores de maior  idade (o 2,7% dos traballadores ocupados maiores de 55 anos está empregado nunha empresa ou entidade da  ES) e traballadores vulnerables no  emprego (o  3,7% deste  tipo  de  traballadores en  cidades interme- dias e zonas rurais está ocupado nunha empresa ou entidade da ES).

Tamén  se  detecta unha menor porcentaxe de profesionais con  xornada parcial (a 26,7% fronte ao 35,5% nas empresas mercantís).

Emprendemento

O  emprendemento na  economía mercantil sitúase  case   por  igual   en  cidades intermedias e zonas rurais (53,4%) e nas grandes cidades (46,6%), mentres  que, no caso  da ES, concéntrase en maior  medida nas zonas rurais e cidades inter- medias. Se se consideran só as empresas (con personalidade xurídica) máis  novas  (menos de cinco anos), no caso  da  ES, un 59,6% situouse  en cidades intermedias e zonas rurais, e o 40,4%, en grandes cidades. No caso da ES de mercado, este nesgo  cara á  localización das  novas  empresas no mundo rural é aínda maior  (a 67,4% fronte  ao 53,4% da economía mercantil).

Sectores

Por sectores, apreciamos que  as empresas de ES establecidas nas zonas rurais e cidades intermedias  dedícanse, en  primeiro lugar,  á  agricultura (un  16,2%), seguido da  educación e servizos culturais e recreativos (ambos os dous cun 13,7%). Táboa 1.

Por sectores, as empresas de ES establecidas nas zonas rurais e cidades intermedias dedícanse principalmente á agricultura (un 16,2%) e á educación e servizos culturais e recreativos (cun 13,7%).

 

ECONOMÍA SOCIAL (ES) ECONOMÍA MERCANTIL
Agricultura 16,2% 3,8%
Educación 13,7% 1,9%
Servizos Culturais e recreativos 13,7% 1,3%
Servizos Sociais 12,7% 1,9%
Industrias Manufactureiras 12,7% 22,8%
Comercio e servizos persoais 11,3% 24,9%
Servizos ás empresas 6,9% 8,4%
Construción 3,4% 15,4%
Transporte e correos 3,4% 7,2%
Outros servizos 2,5% 0,2%
Telecomunicacións e sociedade da información 1,5% 1,1%
Hostalaría e restauración 1% 8,6%
Enerxía, auga e xestión de residuos 0,5% 1%
Actividades sanitarias 0,5% 1,6%

Táboa 1. Estrutura sectorial das empresas e entidades da economía social e da economía mercantil en cidades intermedias e zonas rurais en Galicia. Ano 2018. Porcentaxe sobre o total de empresas de cada grupo. Fonte: Estudo sobre o impacto social da economía social en Galicia. Páx. 42.

 

Intervencións do presidente de ForoEsGal e da conselleira de Emprego e Igualdade

Na clausura da presentación, o presidente do Foro pola Economía Social  Galega, Celso  Gándara, avanzou a continuidade do  estudo e insistiu nos valores  diferenciais do  modelo económico que representan desde  o Foro. Gándara deu  paso  á conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, que  pechou o  acto cunha interven- ción  na  que  anunciou que  a  Xunta  implantará este  ano  novos  programas cos  que  definirá un selo  para a  economía social,  apoiará a  conso- lidación destas  empresas e garantirá a substitu- ción  xeracional de negocios en crises a través do cooperativismo.

Lorenzana tamén destacou o importante labor realizado polo  Foro dende a súa creación e puxo en  valor  a  alianza que  mantén coa Xunta  de Galicia.

Que pasaría se empresas de economía social perdesen os seus principios?

No momento de presentar o Informe, as súas autoras sorprenderon cun pouco usual exercicio ao presentar un escenario hipotético no que  as empresas de economía social  “perdesen os seus principios” e pasasen a comportarse como mercantís en aspectos como contratación, especialización ou localización.

Segundo esta hipótese, máis de 6.000 persoas  traballadoras pertencentes a algún colectivo con  dificultades de acceso á ocupación perderían o seu emprego. Deles, 4.578 serían traba- lladores con discapacidade, case 350 traballadores en risco de exclusión social e 796 maiores de 55 anos, 328 mulleres  maiores de 45 anos e 631 traballadores de baixa cualificación.

Por outra  banda, preto  de 5.000 profesionais que gozaron de períodos continuos de emprego na economía social  pasarían a ter unha ou máis experiencias de desemprego; case  40.000 verían reducidos os seus ingresos salariais; máis de 20.000 verían incrementarse a súa brecha salarial;  máis  de  100 non  se acollerían a excedencias para o coidado de  ascendentes ou descendentes e perderíanse máis de 2.700 empregos nas zonas rurais.

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Contacto
  • Trabaja con nosotros
  • Aviso legal
  • Política de calidad
  • Política de privacidad
  • Perfil del contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Quejas y sugerencias. Asesoramiento al ganadero
  • Español
  • Gallego

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servicios
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidad
  • Cooperativas
  • Iniciativas
  • Cursos
  • Publicaciones
  • PRENSA
    • Prensa histórico
    • Multimedia
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Español
  • Gallego

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNIÓN DE COOPERATIVAS ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA, con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo