• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Blog

O cooperativismo protagonista no Mercado de Abastos de Santiago cos Espazos Efémeros de Emprendemento de ES-Factory

Publicado en Cooperación Galega, Nº 177 - marzo 2026

6 de Abril de 2026
en Blog
AGACA inaugura los “Espacios Efímeros de Emprendimiento” en el Mercado de Abastos de Santiago
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

O Mercado de Abastos de Santiago convértese esta primavera nun punto de encontro entre produtores e consumidores grazas aos Espazos Efémeros de Emprendemento 2026, unha iniciativa impulsada por AGACA no marco do proxecto europeo ES-Factory, que leva ao emblemático recinto compostelán un formato de stands temporais para dar visibilidade á economía social no sector agroalimentario.

A proposta desenvólvese durante varias xornadas dos meses de marzo e maio, coincidindo cos venres e sábados pola mañá, e permite ao  público descubrir de primeira man os produtos e proxectos de distintas cooperativas e entidades da economía social galega e ás entidades participantes, interactuar e formalizar  vendas e contactos comerciais coas persoas asistentes e co resto de vendedores habituais deste espazo.

O formato, inspirado nas pop-up stores, busca crear unha experiencia próxima e directa, na que as persoas visitantes poden coñecer non só os produtos, senón tamén as historias e os valores que hai detrás de cada iniciativa empresarial a través do contacto directo e a proximidade

Entidades participantes

Entre as entidades participantes atópanse Bico de Xeado, marca de xeados vinculada á Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña; Campo Capela, especializada en queixo e requeixo; Queixería Dona Cobiña, per- tencente á cooperativa Cobideza; as adegas de viño cooperativas Eidosela, Viña Moraima e Paco & Lola; a cooperativa de fabas de Lourenzá, Terras da Mariña; a láctea Únicla, impulsada por CLUN, e Entrelampo, unha entidade de economía social que promove a inserción laboral de persoas con problemas graves de saúde mental a través do cultivo de produtos hortícolas.

A participación destas entidades permite ofrecer unha visión ampla do que representa a economía social galega: empresas arraigadas no territorio que combinan tradición produtiva, innovación e compromiso social.

Unha experiencia de proximidade

Un dos obxectivos principais da iniciativa é crear un espazo de diálogo entre produtores e consumidores. Durante as xornadas, as persoas visitantes poden conversar directamente cos representantes das cooperativas, coñecer os procesos de elaboración e descubrir a historia que hai detrás de cada produto.

Este contacto directo contribúe a reforzar a confianza e a poñer en valor aspectos como a proximidade, a trazabilidade ou o impacto social das compras.

Segundo explica o director-xerente de AGACA, Carlos Ares, a intención é que “o consumidor non só compre un produto, senón que entenda o valor social e a innovación que hai detrás de cada cooperativa”.

Neste sentido, o Mercado de Abastos de Santiago convértese nun escenario idóneo para a iniciativa. Trátase dun dos espazos comerciais máis emblemáticos da cidade, no que a tradición do comercio local convive coa renovación e coa aposta por novos formatos de promoción.

Formación é apoio ás empresas participantes

Espazos Efémeros de Emprendemento non se limita á exposición e venda de produtos. O programa inclúe tamén un compoñente formativo pensado para reforzar as capacidades comerciais das empresas participantes.

Nas tardes dos venres celébranse sesións con profesionais especialistas en ámbitos como a estratexia empresarial, a comunicación ou a promoción comercial. Estas actividades permiten ás cooperativas mellorar as súas ferramentas de relación co público e explorar novas oportunidades de mercado.

A iniciativa responde así a unha visión integral do emprendemento na economía social, combinando visibilidade pública e acompañamento profesional para fortalecer os proxectos empresariais participantes.

Inauguración

A pesar de que as cooperativas iniciaron as actividades o 6 de marzo, o acto institucional de inauguración desenvolveuse o venres 13 de marzo na entrada do Mercado. A cita reuniu representantes das administracións públicas e do ámbito da economía social.

No evento participaron a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño; o presidente de ForoESGal, Hermino Martínez; e a presidenta de AGACA, Carmen Rodríguez, ademais da xerente do Mercado de Abastos de Santiago, Marta Rey, quen puxeron en valor o papel do cooperativismo e da economía social, en xeral, como ferramenta esencial de desenvolvemento económico e social.

Durante o encontro destacouse especialmente a importancia de iniciativas que contribúan a visibilizar o traballo das cooperativas e a reforzar a conexión entre o medio rural e os espazos urbanos de consumo.

ES-Factory ten como finalidade impulsar o em- prendemento na economía social e fomentar novas fórmulas de visibilización e comercializa- ción para as empresas do sector.

No caso galego, a participación de AGACA sitúa o cooperativismo agroalimentario como un exemplo de innovación empresarial con forte vínculo co territorio. As cooperativas par- ticipantes demostran que é posible combinar tradición produtiva, calidade e compromiso social cunha aposta decidida pola moderniza- ción e pola adaptación ás novas tendencias de consumo.

O proxectdo ES-Factory

ES-Factory ten como finalidade impulsar o emprendemento na economía social e fomentar novas fórmulas de visibilización e comercialización para as empresas do sector.

No caso galego, a participación de AGACA sitúa o cooperativismo agroalimentario como un exemplo de innovación empresarial con forte vínculo co territorio. As cooperativas participantes demostran que é posible combinar tradición produtiva, calidade e compromiso social cunha aposta decidida pola modernización e pola adaptación ás novas tendencias de consumo.

Espazos Efémeros de Emprendemento forma parte do proxecto ES_Factory, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.

Ler revista completa:

Etiquetas: ES-Factory.
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.