O 20 de outubreo únete ao webinario «Como exportar a China produtos agroalimentarios» de AGROSMARTglobal

Agaca
Por Agaca Outubro 8, 2021 13:11
  • A Cámara Oficial de Comercio e Industria de La Rioja organiza o 20 de outubro, ás 10:00 h., un webinar titulado «Como exportar a China produtos agroalimentarios», como parte das actividades do proxecto AGROSMARTglobal. O evento é posible gracias á cooperación coa Cámara de Comercio de España en China.
  • É unha das actividades que forma parte do proxecto AGROSMARTglobal, do que forma parte AGACA.

Jin Lin, o relator principal, é fundador e CEO de Xibarita Chain Brand (entre outros cargos empresariais y sociais). Especialista en cultura, economía e outros ámbitos en países onde se fala español, Jin Lin está comprometido co desenvolvemento en profundidade do comercio internacional entre países de fala hispana en China. Como Board Chairman do Pavillón de España en Shanghai é responsable da completa organización e operacións do pavillón de España logo da Exposición Mundial de Shanghai e promove o intercambio económico entre España e China.

As cooperativas ou pemes agroalimentarias interesadas poden inscribirse no webminar premendo esta ligazón.

Poden descargar a ficha do webminar aquí.

Ata o 30 de setembro de 2022, dez entidades beneficiarias de dez rexións europeas dedicarán esforzos a precisar sinerxías e potencialidades. O consorcio internacional está conformado por, dende España: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias-AGACA (encargada de liderar o proxecto), Cooperativas Agro¬alimentarias Castilla- La Mancha, Confederación de Cooperativas de Euskadi-KONFEKOOP, Cámara Oficial de Comercio, Industria y Servicios de La Rioja e AMVOS Digital; dende Francia, por: Association des Régions Européennes des Produits d’Origine-AREPO, La Coopération Agricole Nouvelle-Aquitaine e Chambre de Commerce et d’Industrie Limoges et Haute-Vienne, e, dende Portugal, por: Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro-UTAD, e Confederação Nacional de Cooperativas Agrícolas e do Crédito Agrícola de Portugal-CONFAGRI.

08/10/2021

Agaca
Por Agaca Outubro 8, 2021 13:11
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

<