O 1 de decembro comeza o curso “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais”. Inscríbete

Agaca
Por Agaca Novembro 18, 2021 17:16

ACTIVIDADES

Decembro 2021

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 155 – Outubro 2021

    — Editorial: Urxe tomar medidas
    — A Fondo: O peso das adegas cooperativas
    — Caderno Técnico: Innovación: horta ecolóxica, Faba de Lourenzá e localización de explotacións

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

• O taller gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais” desenvólvese nunha plataforma de formación con acceso 24horas, entre o 1 de decembro e o 14 de xaneiro.
• A inscrición efectúase completando o formulario nesta ligazón.

O 1 de decembro comeza un taller de teleformación titulado “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais” que termina o 14 de xaneiro.

Realízase nunha plataforma en liña de formación e o alumnado pode acceder aos contidos en calquera momento, ata completar as tres unidades temáticas:  Cooperativismo no sector primario, Certificacións de calidade (ISO,  GLOBALG.A. P.,  BRC/IFS e vacún de leite) e Certificacións de calidade ambientais (ISO, análise de ciclo de vida e pegadas de carbono e hídrica). A duración estimada é de 70 horas.

Descargar programa completo en formato PDF.

Esta actividade enmárcase na programación 2022 da  Rede  Eusumo. A  Rede  Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

18/11/2021

Agaca
Por Agaca Novembro 18, 2021 17:16
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

<