- Máis de cen estudantes do colexio Francisco Vales Villamarín participaron na actividade “Almorz@ con Beizos Brancos”, que aconsella sobre almorzos saudables e mostra o proceso de transformación do leite.
- AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e Obra Social “la Caixa” organizan a iniciativa en centros educativos de toda Galicia.
Cento quince estudantes de terceiro de primaria colexio betanceiro Francisco Vales Villamarín recibiron esta maña unha charla sobre diferentes opcións para comezar a xornada cunha correcta achega enerxética. A nutricionista María Fernández recomendou almorzar diariamente e incluír alimentos de varios grupos como lácteos e derivados, pezas de froita fresca e, como complemento delas, zumes naturais, e tamén evitar produtos industriais que conteñan exceso de graxas e azucres prexudiciais.
A modo de exemplo, o alumnado almorzou leite enteiro, froita e pan con aceite.
Ademais,mediante un xogo en grupo aprenderon proceso de transformación do leite, dende a granxa ata os fogares, e a importancia do sector no medio rural galego. Os escolares recibiron material didáctico para inculcar, tamén no fogar, hábitos sans no almorzo.
Compromiso social
Durante este curso académico (2017/2018) celebráronse xa 17 xornadas e repartíronse 800 almorzos no marco de “Almorz@ con Beizos Brancos”.
AGACA e Obra Social “la Caixa” poñen en marcha este programa dende 2015 para impulsar correcta alimentación dos nenos e nenas de Galicia e fomentar nos fogares hábitos alimentarios saudables, ademais de pór en valor os produtos do agro galego.