Matrícula aberta para o Curso sobre Certificacións de calidade e medioambientais, que comeza o 16 de agosto

Agaca
Por Agaca Xullo 26, 2021 16:02

ACTIVIDADES

Setembro 2021

REVISTA AGACA

  • Cooperación Galega Nº 154 Agosto 2021

    — Editorial: Un mundo en constante cambio
    — A Fondo: XXXIII Asemblea Xeral AGACA
    — Caderno Técnico: Alimentación e composición do leite vacún. Produción ecolóxica vs. tradicional

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Matrícula aberta para o Curso sobre Certificacións de calidade e medioambientais, que comeza o 16 de agosto

  • O curso gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientalis”, que se pode seguir online, comenza o 16 de agosto e conclúe o 23 de setembro.
  • A inscrición pode realizarse na ligazón https://bit.ly/curso-certificacions.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias ( AGACA) retoma en 2021 a formación a distancia e gratuíta relacionada coa calidade alimentaria, coa preservación do medio ambiente e coa divulgación do papel do cooperativismo nestes eidos.

O curso “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais”, que se pode seguir a través dunha plataforma de teleformación, permite ao alumnado avanzar ao seu ritmo e acceder aos materiais formativos en calquera momento, entre o 16 de agosto e o 23 de setembro. O tempo estimado para completar a formación é de 70 horas.

Unidade Denominación Nº Horas Módulos
I Cooperativismo no sector primario 10 hs 1. As cooperativas
2. Marco legal do cooperativismo
II Certificacións de calidade 40 hs 3. ISO 9001
4. Certificacións en vacún de leite
5. GLOBAL GAP
6. BRC/IFS
7. ISO 22000
III Certificacións ambientais 20 hs 8. ISO 14000 (14063, 14067…)
9. Análise do ciclo de vida
10. Pegada de carbono
11. Pegada hídrica

Pode descargar aquí o programa completo (PDF).

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamiento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

 


26/07/2021

Agaca
Por Agaca Xullo 26, 2021 16:02
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

<