• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

Máis de 900 estudantes participaron este curso en “Almorz@ con Beizos Brancos” de Obra Social “la Caixa” e AGACA

31 de Marzo de 2017
en Novidades
Máis de 900 estudantes participaron este curso en “Almorz@ con Beizos Brancos” de Obra Social “la Caixa”  e AGACA
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • O alumnado de primaria do CEIP Padre Feijoo (Allariz) tomaron parte esta mañá na última xornada do programa “Almorz@ con Beizos Brancos”.
  • O programa de fomento dos almorzos sans entre escolares comezou o curso pasado, cando se repartiron máis de 500 almorzos. Este curso, a cifra acadou os 944.

20170331_Almorzo_Beizos_brancos_Allariz_wb

Máis de 40 alumnos de quinto de Primaria do colexio Padre Feijoo, de Allariz, tomaron parte esta mañá en “Almorz@ con Beizos Brancos”, organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa”.

A nutricionista María Fernández comezou a actividade ofrecendo diferentes alimentos saudables para chegar á escola cunha correcta achega enerxética, e valorou as propostas dos estudantes en relación cos valores nutricionais de distintos produtos. A continuación, para destacar o valor do leite tanto no plano alimentario como tamén social, desenvolveuse un xogo para mostrar o itinerario do leite dende a vaca ata a mesa.

A xornada rematou coa degustación dun almorzo composto por leite enteiro adozado con cacao puro e mel, pan galego con aceite e froita natural.

Longo percorrido

En 2015 comezou o convenio entre Obra Social “la Caixa” e AGACA, no que se enmarca “Almorz@ con Beizos Brancos”. Durante a primeira andadura de “Almorz@ con Beizos Brancos”, o curso pasado,  repartíronse 518 almorzos en 11 centros educativos. Este curso, 944 estudantes tomaron parte, dende outubro, no programa, que recalou en 20 centros educativos.

O obxectivo do convenio entre Obra Social “la Caixa” e AGACA  é conseguir melloras na calidade de vida de distintos grupos sociais, atendendo a necesidades específicas: mellora alimentaria entre escolares con “Almorz@ con Beizos Brancos”, empoderamento das mulleres socias de cooperativas e fomento da súa participación en órganos de decisión, con “Atrévete Contigo Mesma”, promoción do acceso de persoas mozas á actividade agraria con “Incorpórate” e envellecemento activo e atención a persoas maiores en “Coidar, coidarte”.

31/03/2017

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.