• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

José Montes Pérez, reelixido como presidente de AGACA

2 de Xuño de 2017
en Novidades
José Montes Pérez, reelixido como presidente de AGACA
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Montes repetirá no cargo outros catro anos máis.
  • Redúcese o número de Consellos Sectoriais ao integrarse os subsectores de Horta, Flor e Apicultura.
  • O Consello Reitor pasará de nove integrantes a oito.

20170602_Consello_Reitor_AGACAAGACA celebrou hoxe en Santiago de Compostela a súa XXIX Asemblea Xeral, na que destaca a reelección de José Montes (tamén presidente de Feiraco), como presidente de AGACA e a redución no número de consellos sectoriais tras a integración do subsector de Froitas e Hortalizas co de Flor, Apicultura e Outros, conformando a Xunta Sectorial de Horta, Flor, Apicultura e Outros. Por outra banda, aprobáronse as contas anuais, o informe de xestión e a aplicación de resultados correspondente a 2016.

Completarán o Consello Reitor da Asociación: José Manuel López Tellado, da cooperativa Agris, como vicepresidente; Emilio Rodríguez Felipe, de Coren, repetirá como Secretario; Javier Iglesias Sendín, da cooperativa Viña Costeira, deixa de ser Vocal para asumir o cargo de Tesoureiro.

Como vogais seguirán: Rafael Tejeda, da cooperativa Proterga (vacún de carne) e Alberto Amil, da cooperativa hortícola Horsal; únese a eles na vogalía Dores Calvo Méndez, da cooperativa Condes de Albarei (vitivinícola).
A nova presidencia manifestou a súa intención de manter unha liña de continuidade nos seus esforzos por promover a integración das cooperativas e a concentración da oferta para mellorar a posición negociadora da oferta, buscando o reequilibrio da cadea agroalimentaria; ademais, expresou o propósito de apostar pola innovación e a cooperación con outras rexións e países co obxecto de potenciar o comercio exterior das cooperativas, defender a calidade e a imaxe da súa produción e difundir os valores cooperativos.

Seguirase a traballar tamén no seu coñecemento e difusión entre as persoas mozas, como exemplo de empresa competitiva, responsable socialmente e con grandes posibilidades de expansión.

Montes agradeceu o apoio obtido nesta elección e insistiu na necesidade de continuar fomentando o cooperativismo.

Consellos Sectoriais
Os integrantes dos Consellos Sectoriais adoitan significar unha representación dos distintos sectores produtivos podendo ampliarse, desdobrarse ou reducirse —respectando os máximos e mínimos—, segundo se acorde por decisión da Asemblea Xeral. Nesta ocasión, aprobouse un cambio nos estatutos ao proceder á integración dos subsectores de Froita e Horta con Flor e Apicultura, co obxecto de alcanzar unha representación más fiel á realidade sectorial ante calquera reunión ou negociación ante os distintos organismos ou institucións que proceda.

Como consecuencia da Asemblea, a configuración do Consello Reitor, máximo órgano de representación, queda da seguinte forma:

Consello Reitor AGACA 2017-2021
PRESIDENTE JOSÉ S. MONTES PÉREZ COOP. FEIRACO
VICEPRESIDENTE JOSÉ MANUEL LÓPEZ TELLADO COOP. AGRIS
SECRETARIO EMILIO RODRÍGUEZ FELIPE COOP. COREN
TESOUREIRO JAVIER IGLESIAS SENDÍN COOP. VIÑA COSTEIRA
VOGAIS RAFAEL TEJEDA VÁZQUEZ COOP. PROTERGA
  ALBERTO AMIL CHAVES COOP. HORSAL
  MARÍA DOLORES CALVO MÉNDEZ COOP. CONDES DE ALBAREI

 

AGACA ten como misión a representación e a defensa dos intereses das 120 entidades socias de Galicia, que facturan preto dos 2.000 millóns de euros e dan emprego fixo a 7.000 traballadores agrupando a máis de 30.000 socios.

02/06/2017

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.