• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Organización
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • HEMEROTECA DE MEDIOS
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Organización
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • HEMEROTECA DE MEDIOS
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

Internacionalización e emprego, claves para a competitividade de cooperativas rurais e pemes

29 de Novembro de 2022
en Novidades
Internacionalización e emprego, claves para a competitividade de cooperativas rurais e pemes
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

Esta mañá tivo lugar o seminario rexional do proxecto europeo AGROSMARTglobal en Santiago de Compostela. Especialistas en e-commerce, internacionalización e inserción laboral analizaron a situación do medio rural e as cooperativas e os problemas e carencias frecuentes en materia de emprego.

A xornada “Innovación intelixente na economía social e rural”, que se celebrou no marco do proxecto AGROSMARTglobal, buscou dar visibilidade ás opcións de innovación dixital, emprego e boas prácticas que a economía social promove no eido rural e agroalimentario. O proxecto ten por obxectivo a interconexión, interacción e competitividade das cooperativas agroalimentarias de España, Francia e Portugal mediante procesos, ferramentas e servizos avanzados de apoio que faciliten o posicionamento, a promoción e a expansión internacional intelixente das entidades, ademais de buscar estratexias de márketing dixital que aposten pola cooperación interempresarial.

O primeiro bloque temático, moderado por  Ana Olveira, presidenta da Unión de Cooperativas ESPAZOCOOP, titulouse “Os éxitos da dixitalización na pequena e mediana empresa”. Maravillas Rojo mostrou as boas prácticas en novos métodos e modelos e xestión cooperativa grazas á dixitalización e o comercio electrónico que segue Abacus, a entidade que preside, que conta con 560 persoas traballadoras. Jessica Gregori, que é directora da Delegación Galicia de Redflexión, unha consultora especializada en intelixencia competitiva e internacionalización, centrouse en comercio electrónico no ámbito internacional. Entre as recomendacións, coincidiron en que se ben a teconoloxía, sexa plataformas de comercio dixital sexan programas de xestión de clientela, é clave para o éxito, debe ter atrás un equipo humano capacitado e formado para manter o bo servizo e relación co consumo.

O emprego foi abordado nunha mesa redonda, co nome de “Un pacto polo emprego agrogandeiro e a inserción laboral”, que foi moderada por Isabel Fraga, presidenta de Aeiga (Asociación de Empresas de Inserción de Galicia).

Tanto o sector agroalimentario coma o medio rural precisan de man de obra, como indicou Ángel Miranda, director da división agrogandeira da cooperativa CLUN, quen se centrou na situación do sector leiteiro, mentres que Lucía Aparicio, psicóloga do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, enumerou condicións clave para o éxito na inserción laboral. Coincidiron na importancia de prestar formación axeitada tanto a quen demanda emprego como a quen o precisa, ademais de xerar oportunidades de emprego estables que axuden a fixar poboación.

Outras das  temáticas tratadas foi a contratación de persoas estranxeiras. Saray Durán (secretaria de EAPN Galicia e directora xeral de Ecos do Sur) destacou a necesidade de investir tanto en tempo para resolver burocracia, coma en vivenda e recursos que posibiliten unha boa calidade de vida. Óscar Freire (adxunto á dirección da  Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña) mostrou a experiencia da entidade integrando no seu cadro de persoal a migrantes, para o que seguen un acompañamento integral, dende na comunicación dos deberes e retribucións como no encontro de vivenda, formación e resolución de trámites.

No referido á xuventude, Nuria Fernández en representación de Asociación de Desenvolvemento Rural de Euroeume presentou Nó rural, iniciativa de retorno e inserción laboral da mocidade no territorio rural co obxectivo de crear unha rede de colaboración entre axentes que traballen coa xuventude e ofertar un servizo de prácticas en empresas, ademais de identificar oportunidades para o emprendemento mediante unha cartografía de terras e vivenda potencialmente dispoñibles.

Claudia Rodríguez, da cooperativa Alén, presentou a Guía de boas prácticas en Obxectivos de Desenvolvemento Sostible nas cooperativas agroalimentarias de Galicia, elaborada en colaboración con AGACA. A guía, ademais de mostrar xeitos en que cooperativas xa operan nunha “triple sostibilidade: social, económica e ambiental”, ofrece pautas para avaliar en que grao unha entidade os cumpre ou pode traballar cara a conseguilo.

Carmen Rodríguez, presidenta de AGACA, reiterou a necesidade de colaborar para superar retos. Celso Gándara, presidente de ForoESGal, destacou que “o acceso ao emprego pode ser unha oportunidade real” para as cooperativas do medio rural que se atopen en situación de ofrecer servizos relacionados con necesidades emerxentes como poden ser a economía dos coidados. A intervención final foi da Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, que contabilizou en 14.000 ás persoas de Galicia que traballan na Economía Social, que suma 3000 entidades e supón o 7% do PIB:  “Precisamos incidir na consolidación de entidades de economía social e na busca de novos sectores,  pois creo que sodes a solución para moitos do problemas de Galicia”.

AGROSMARTglobal

O principal aspecto innovador de AGROSMARTglobal está en facer uso de Internet para exportar, a comercialización intelixente. O proxecto introduce a internacionalización dixital das cooperativas do espazo SUDOE; é o primeiro proxecto que tratará de apoiar o perfeccionamento das condicións de internacionalización e posicionamento dos seus produtos a través do uso das novas tecnoloxías, así como abordar a internacionalización dende a cooperación, como recurso clave para implementar mecanismos e servizos avanzados de apoio, e estratexias de comercialización internacional intelixente orientadas cara a mercados como China e os EE. UU.

Os socios do proxecto, cuxo horizonte temporal é 01/10/2019 – 31/03/2023, son: AGACA: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (beneficiaria principal e coordinadora), Cámara Oficial de Comercio, Industria y Servicios de La Rioja, Cooperativas Agroalimentarias de Castilla-La Mancha, KONFEKOOP: Confederación de Cooperativas Agroalimentarias de Euskadi, AMVOS Worldwide Digital, Association des Régions Européennes des Produits d´Origine, La Coopération Agricole Nouvelle-Aquitaine, Chambre du Commerce et d’Industrie de Limoges et Haute-Vienne, UTAD: Universidade de Trás-os-montes e Alto Douro   e CONFAGRI: Confederação Nacional das Cooperativas Agrícolas.

AGROSMARTglobal está cofinanciado polo Programa InterregSudoe 2014-2020 dentro do eixo prioritario de fomento da competitividade e a internacionalización das pemes do Suroeste europeo.

 

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • AVISO LEGAL
  • POLÍTICA DE CALIDADE
  • Política de privacidade
  • PERFIL DO CONTRATANTE
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Organización
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • PRENSA HISTÓRICO
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • HEMEROTECA DE MEDIOS
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}

SUSCRÍBETE A NUESTRA REVISTA COOPERACIÓN GALEGA

Suscripción anual (5 números al año). Edición en papel 18€/año.

    Información sobre protección de datos

    Responsable del tratamiento: UNION DE COOPERATIVAS ASOCIACION GALEGA DE COOPERATIVAS AGRARIAS AGACA con domicilio social en RÚA TOMIÑO, 22 ENT. , 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
    Finalidad y legitimación: Sus datos serán tratados para la inscripción como suscriptor/a de la revista y las posteriores gestiones.
    Cesiones: No serán cedidos a terceros salvo obligación legal, pudiendo tener acceso a los mismos, de forma incidental, las persnas encargadas de mantener la web en funcionamiento o repartir las revistas.
    Plazo: Los datos serán tratados durante el tiempo necesario para su tratamiento segundo las finalidades descritas, hasta la cancelación por parte de la persona titular de los datos o la pérdida de relevancia de su uso.
    Derechos: Le informamos que puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición al tratamiento de sus datos escribiendo a RÚA TOMIÑO, 22 ENT., 15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña) e incluyendo copia de documento acreditativo de su identidad, o dirigiéndose a la siguiente dirección de correo electrónico: derechoslopd@agaca.coop
    Para más información consulte nuestra política de privacidad

    Sí autorizoNo autorizo