- Este encontro está destinado a persoas con interese en iniciar unha actividade económica mediante o cultivo de oliveirais en Galicia.
- A formación, gratuíta, impartirase online en horario de 10:00 a 14:00h, o 6 de maio.
-
As persoas interesadas poden inscribirse nesta ligazón.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza, no marco da Rede Esumo, un ciclo de encontros formativos destinados a promover, facilitar e posibilitar o emprendemento de proxectos cooperativos en ámbitos agroalimentarios considerados como oportunidades de negocio.
Neste encontro, con exposicións a cargo de persoal técnico de AGACA e de especialistas no sector, explicaranse as vantaxes e oporunidades de emprender no sector da oliveira en Galicia.
Programa:
10:00h – Presentación de obxectivos e materiais dispoñibles.
10:30h – Habilidades emprendedoras en cooperativismo e proceso de acompañamento a persoas emprendedoras.
11:15 – Presentación da oportunidade de negocio no sector primario: cultivo de oliveirais en Galicia.
12:00h – Experiencias productivas, comentarios y aclaraciones, a cargo de especialistas en cultivo de oliveirais.
12:45h – Clases de cooperativas e principais axudas públicas de interese.
13:30h – Quenda de preguntas e suxestións
14:00h – Peche do Meeting.
AGACA organiza esta actividade, que se enmarca naa programación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
Ver/descargar programa completo aquí